Inicio Galicia O Camiño de Santiago recibe o Premio Estrella do turismo como proxecto...

O Camiño de Santiago recibe o Premio Estrella do turismo como proxecto europeo con máis futuro

O galardón foi concedido pola revista TURISMO a cal valorou os proxectos e plans de promoción turística y cultural que, segundo explicou “acercan aos pobos a Galicia e converten ao Camiño na ruta máis universal do planeta”

Estes premios xorden co obxectivo de enxalzar as empresas, marcas, países ou proxectos, que mellor souberon adaptar o sector aos novos tempos e marcar unha traxectoria impecable e positiva no ámbito turístico

A directora de Turismo de Galicia agradeceu a dita distinción afirmando que constitúe “unha mostra máis da grande importancia e recoñecemento que está a alcanzar o Camiño de Santiago”

A Revista TURISMO concedeu hoxe o premio Estrella do Turismo ao Camiño de Santiago como proxecto europeo con máis futuro. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o galardón das mans do Embaixador de Italia en España, Pietro Sebastiani, na gala de entrega da primeira edición destes premios que reuniu en Madrid a representantes das embaixadas e delegacións de turismo de todo o mundo.

Estes premios xorden co obxectivo de enxalzar as empresas, marcas, países ou proxectos, que mellor souberon adaptar o sector aos novos tempos e marcar unha traxectoria impecable e positiva no ámbito turístico.
A revista distinguiu o Camiño de Santiago como o proxecto cultural con máis futuro en Europa e destacou que é “unha das rutas de peregrinación máis emblemáticas do mundo e unha autopista de unión entre os europeos”. Así mesmo, valorou os proxectos e plans de promoción turística y cultural, así como, as campañas, exposicións, conferencias e publicacións, que, segundo explicou “acercan aos pobos a Galicia e converten ao Camiño na ruta máis universal do planeta”.

A directora de Turismo de Galicia agradeceu a dita distinción afirmando que “este premio é unha mostra máis da grande importancia e recoñecemento que está a alcanzar o Camiño de Santiago”. Nesta liña, Nava Castro lembrou outros grandes recoñecementos internacionais cos que conta a Ruta Xacobea e que a converten nun itinerario de referencia a nivel mundial, destacando a declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e a declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que “o Camiño de Santiago é, sen dúbida, o produto turístico estrela de Galicia e a súa icona máis universal”. “Constitúe a nosa carta de presentación no mundo e é un potente elemento diferenciador para Galicia”, afirmou.

Nava Castro explicou que, grazas ao Camiño, Galicia mostra o seu patrimonio tanto natural como cultural, os seus costumes e tradicións e a súa tan venerada gastronomía a miles de turistas de todas partes do mundo. “Todos eles son produtos que integra a nosa comunidade que complementan a experiencia dos peregrinos no seu percorrido polo Camiño”, sinalou.

A directora de Turismo destacou tamén na súa intervención o labor das máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que levan a cabo numerosas iniciativas que difunden e promocionan este fenómeno por todo o mundo. “Elas son os verdadeiros embaixadores de Galicia e do Camiño nos seus países de orixe”, afirmou.

Así mesmo, Nava Castro explicou o traballo que desde Turismo de Galicia estase facendo para a revitalización e dinamización da Ruta Xacobea tendo en conta a súa capacidade e preservando os seus recursos patrimoniais e culturais. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou diversas iniciativas como o Plan Director do Camiño de Santiago, o proxecto Smart Camiño, a celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago ou a creación do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, entre outras.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies