Inicio Galicia A Xunta realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta...

A Xunta realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta guiada ‘Unha viaxe no tempo’ co fin de divulgar o patrimonio natural do parque das Illas Atlánticas

Esta nova oferta pretende ampliar a posibilidade de participar nesta actividade, xa que a primeira convocatoria esgotou todas as prazas en tan só 48 horas

Vázquez Mourelle salienta que esta ruta permite coñecer os trazos máis característicos das illas e concienciar da importancia da conservación dun enclave natural inigualable

Trátase dunha actividade guiada polo parque, gratuíta para os participantes, que deberán asumir só o custe do desprazamento ata o porto de saída e o arquipélago

Recordar que á ruta de hoxe sumaranse outras catro máis, unha á illa de Sálvora en febrerio, outra a Ons e dúas a Cortegada, no mes de marzo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará unha nova convocatoria neste inverno para participar na ruta guiada ‘Unha viaxe no tempo’, dado o éxito da primeira oferta, que esgotou as prazas en tan só 48 horas. Así o indicou hoxe a conselleira Ethel Vázquez, que saudou esta mañá aos preto de 40 participantes na primeira ruta guiada a Cíes para descubrir o patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Trátase dunha iniciativa que pon en marcha o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por segundo ano consecutivo e que ten por obxectivo descubrir o patrimonio natural deste parque natural fóra dos meses estivais, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista

A conselleira salientou que se trata dunha actividade de carácter divulgativo que ten como obxectivo principal dar o coñecer os trazos máis característicos das illas que forman o Parque natural; ao tempo que se conciencia da importancia do coidado e a conservación dun enclave natural inigualable, como é o caso das Illas Cíes.

Argumentou que se os galegos se animan a coñecer os valores paisaxísticos e a flora e a fauna do Parque nacional marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, tamén se incentivará a súa conciencia sobre a importancia da preservación da riqueza natural de Galicia.

Salientou que en total organízanse cinco rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, xa que – xunto coa de hoxe- celebrarase outra este mesmo mes á Illa de Sálvora, mentres que en marzo se prevé unha á Illa de Ons e dúas rutas á de Cortegada. Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. A continuación detállanse as rutas que se ofertan:

 

Xornada
Illa
Ruta
Data limite inscrición
Participantes
22 febreiro
Sálvora
Sálvora, Illa de esculturas e lendas
17  febreiro
22
7 marzo
Ons
Unha illa de nomes
3 marzo
17
5 marzo
Cortegada
O segredo dun bosque no mar
1 marzo
24
15 marzo
Cortegada
O segredo dun bosque no mar
10 marzo
24

Cómpre lembrar que a actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo.

Os interesados nestas actividades poderán acceder a información destas rutas na web do Parque Nacional (www.parquenacionalillasatlanticas.com), no apartado de actividades, onde poderán consultar as datas e realizar as inscricións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies