spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán oferta un curso de atención psicosocial e apoio domiciliario

Nigrán oferta un curso de atención psicosocial e apoio domiciliario

A -Rede-Eusumo-concellos-Baiona-Gondomar-Nigrán-organizan-mes-xulio-obradoiro-sobre-cooperativísmo
Centro Antena de Nigrán

O Concello de Nigrán, continuando coa programación anual de formación ofrecida aos veciños deste concello anuncia a realización dun Curso de atención e apoio psicosocial domiciliario, cunha duración de 100 horas, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio, no que o alumnado aprenderá a identificar as principais características e necesidades das persoas dependentes, en canto a súa atención hixiénico-sanitaria, á administración de alimentos e tratamentos e aos primeiros auxilios específicos para este colectivo.

Este curso impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, número 52), do día 9 de marzo ao 29 de abril, os luns, mércores, xoves e venres, en horario das 10.00 ás 14.00 horas, poñendo a disposición das persoas interesadas un total de 25 prazas. Para favorecer a conciliación familiar, as clases interrompiranse durante a Semana Santa.

O prazo de inscrición neste curso gratuito estará aberto do 16 ao 24 de febreiro, no horario habitual de rexistro, presentando copia do CV, do DNI, da tarxeta de demandante de emprego e cubrindo e asinando de xeito completo a instancia e a ficha que estará a disposición das persoas interesadas no Centro Antena, no Departamento de Emprego, e no Rexistro e na páxina web municipais.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000 (extensión 1), ou formular as súas consultas a través dos correos electrónicos do Departamento de Emprego, centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.