spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaClub de Arte para nenos en Redondela

Club de Arte para nenos en Redondela

Dentro da colaboración entre a Fundación Filomena Rivero Alonso e as Bibliotecas Municipais de Redondela, comeza, este próximo mes de marzo, o “CLUB DE ARTE INFANTIL” que intentará achegar, dun xeito divertido, as manifestacións artísticas, das máis clásicas ás máis novedosas e contemporáneas, a través de diversos medios (obradoiros, etc), aos nenos.

A primeira actividade que terá lugar o 10 de marzo ás 18:30 h. na Sala infantil da Biblioteca Municipal consitirá na elaboración dun Lapbook da Historia Universal da Arte que cada neno conservará como un práctico e bonito recordatorio das distintas etapas artísticas. Complementarase coa elaboración dun petroglifo en distintos formatos.

Este obradoiro, coordinado por Leonor e Cristina Rodríguez Castro, está dirixido a nenos de 7 a 10 anos , é de balde e necesita inscrición previa (prazas limitadas) na biblioteca.

Club de Ate para nenos en Redondela

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.