Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar organiza o Carnaval 2015 cunha programación para nenos e adultos

Gondomar organiza o Carnaval 2015 cunha programación para nenos e adultos

Gondomar organiza o Carnaval 2015 cunha programación para nenos e adultosO tradicional Gran Desfile de Comparsas, xornada principal do Carnaval 2015, terá lugar o domingo 15 de febreiro

Un ano máis Gondomar celebra o Carnaval cunha programación para nenos e adultos repleta de actividades. A Concellaría de Cultura e Festexos de Gondomar que dirixe Ignacio Troncoso, organiza como acto principal deste Carnaval 2015 o tradicional Gran Desfile de Comparsas, que se celebrará o domingo día 15 de febreiro.

O Sabado 14 de Febreiro, está organizada unha Ruta Moteira polo Val Miñor, que partirá ás 16:30 da praza do concello de Gondomar. Farase entrega de premios aos mellores disfraces e motos máis orixinais.

Abrirá a xornada do Domingo 15 de febreiro a lectura do pregón, que este ano correrá A Cargo de Silva Jato. O grupo “Voltereta, Voltereta” será o encargado de animar a espera do desfile que comezará a partir das 16.00 horas e no que participarán 15 comparsas como se establecía na bases, vindas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar, completando estas, a comparsa de ” A Asociación Cultural de Beirán” como invitada, todas elas se unirán á comitiva do carnaval. Dende a Parroquia de Peitieiros tamén mostrarán “ A Baixada doTourón”. O desfile transcorrerá polas céntricas rúas de Gondomar, realizando unha pequena parada na praza do Concello, onde se celebrará unha gran verbena animada polo trío Azar, os que tamén serán os presentadores e animadores do desfile. En caso de chuvia pospoñerase para o Venres seguinte.

Gondomar organiza o Carnaval 2015 cunha programación para nenos e adultos

Para as comparsas máis orixinais haberá premios de:
. 700 euros 1º clasificada
. 600 euros 2º clasificada
. 500 euros 3º clasificada
. 12 axudas de 400 € para as restantes comparsas participantes.

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.
A festa continúa o martes 17 de Febreiro coa verbena musical de Carnaval que, dende as 22.00 horas, estará amenizada polo grupo ‘Aramio’. A partir das 00.00 horas daranse a coñecer as comparsas e carrozas gañadoras, realizándose a entrega de premios, ás tres primeiras comparsas gañadoras faráselles entrega dunha cesta con produtos típicos do Carnaval valorada en 150 € cada unha.

O mércores, 18 de Febreiro, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña. Ás 19.30 horas terá lugar o funeral de Dona Sardiña e ás 20.30 horas comezará a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que dará, por finalizado este Carnaval 2015.

Actividades para os máis pequenos

Os máis pequenos debido ao mal estado do tempo, este ano tiveron que celebrar o habitual evento de “Corre coa túa máscara” no seu centro de ensino. Os Colexios Rurais Agrupados (CRA), celebraron esta festa de Carnaval no Pavillón Municipal, onde dende o concello se colaborou coa entrega dos saborosos Doces de Copena, botellas de auga e unhas deliciosas galletas elaboradas polo Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III” .

O luns 16 de Febreiro, terá lugar a Festa Infantil “San Saltin”. Dende as 16.30 horas, na Praza da Alameda os máis pequenos poderán gozar con xogos de consola WII, talleres de maquillaxe, saltar nos inchables, contemplar un grande espectáculo de maxia, todo iso amenizado con animación musical. En caso de chuvia este evento trasladaríase ao Pavillón Municipal.

O martes 17 de Febreiro, a partir do 16.30 horas, celebrarase o Desfile Infantil na Praza da Alameda onde os máis pequenos poderán divertirse con música e Baile onde poderán distraerse e gozar co grupo “Volvoretas de Refugallo”, todos os participantes recibirán un obsequio cedido dende a Concellaría de Cultura dirixida por Ignacio Troncoso, acompañado da saborosa e típica “orella de carnava

Gondomar organiza o Carnaval 2015 cunha programación para nenos e adultos

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies