spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Mancomunidade do Val Miñor presenta unha Xornada de Portas Abertas do...

A Mancomunidade do Val Miñor presenta unha Xornada de Portas Abertas do O.E. Terras do Miñor III

 

Mancomunidade -Val Miñor-presenta-Xornada-Portas-Abertas-O.E. Terras do Miñor IIINo día de hoxe tivo lugar nas Instalacións do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III a presentación en prensa dunha Xornada de Portas Abertas que terá lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos o próximo 10 de Marzo.

A presentación foi realizada por D. Fernando Guitián Guitián, Alcalde de Gondomar e Presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, entidade Promotora do Obradoiro de Emprego, José Ángel González Goce Vicepresidente de la Asociación de Empresarios OVALMI, Alberto Valverde Pérez Alcalde de Nigrán, María Jesús Garbín Domínguez concelleira de Educación e Comercio en representación do Concello de Baiona. e José Luis Abraira Arias Director del Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III.

Nesta Xornada participarán 7 empresas (Pernod Ricard, Finest-Call, Duni, Trisk-Ale, Unilevel, Artemar e GIN SEXA) as cales dispoñerán dun posto onde poderán dar a coñecer os seus produtos, xunto cun dos alumnos do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III que resulte gañador dun concurso de Coctelería que se celebrará previamente a esta Xornada.

O presidente da Mancomunidade, Fernando Guitián, destaca “o traballo que se realiza no Obradoiro como clave de formación directa para o emprego”, recalca “a importancia deste tipo de Xornadas onde “se presenta a formación e ao mesmo tempo permite achegar as persoas que se están a formar aos empresarios”.

Na presentación Fernando Guitián destacou ” a grande importancia que teñen os medios de comunicación que son os que permitirán dar a coñecer as actividades do Obradoiro de Emprego, o que permitirá facilitar enormemente a posterior inserción laboral dos nosos alumnos-traballadores,”.

Tamén aproveitou o Presidente da Mancomunidade para comunicar que “na Xunta de Goberno de onte se aprobou a solicitude á Consellería de Traballo dunha nova edición do Obradoiro de Emprego ” Terras do Miñor IV”, coas mesmas especialidades de Operacións Básicas de Cociña e Servizos de Restaurante, estimándose o seu inicio para o próximo mes de setembro”.

- Publicidade -spot_img