spot_img
InicioVigo e áreaVigo"Son de Mar". Arte e ciencia danse a man na Casa das Artes...

“Son de Mar”. Arte e ciencia danse a man na Casa das Artes de Vigo para afondar na problemática do lixo mariño

Son de Mar. Arte e ciencia danse a man na Casa das Artes de Vigo para afondar na problemática do lixo mariñoOrganizada con motivo da celebración da 4ª edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia, preséntase a exposición “Son de Mar”, unha desbordante exhibición de lixo onde todo o que se pode ver foi devolto polo mar. Trátase dunha acción de concienciación medioambiental cunha base didáctica e de denuncia.

O festival Underfest SON Estrella Galicia quere con esta exposición engadir unha visión artística dunha problemática presente que non se pode deixar de lado. Así, o Festival quere amosar á súa sensibilidade coa contorna onde se desenvolve e o seu compromiso firme coa sustentabilidade e o respectto polo medio ambiente e en especial a riqueza mariña da que disfrutamos desde a nosa terra.

Arte e ciencia danse a man nesta exposición para afondar na problemática do lixo mariño buscando que a súa mensaxe chegue ao espectador a través de todos os sentidos. Porque a arte transforma a fealdade en beleza. E transforma á súa vez a alma de quen a admira. Así, a dureza das cifras relacionadas cos residuos mariños e a contaminación convértese nesta exposición nunha realidade transformada, para invitar á reflexión.

Son de Mar. Arte e ciencia danse a man na Casa das Artes de Vigo para afondar na problemática do lixo mariño

A arte abre os ollos de maneira máxica ante o lixo cotián, que en canto deixa de ser produto instantáneo de desexo e de consumo, desaparece das nosas mans. E o adoitamos esquecer, non o queremos ollar máis. Queremos que desapareza máxicamente das nosas vidas pero segue ahí, e seguirá no fondo do mar.

Mar de Fábula e Retoque Retro, dúas asociacións sen ánimo de lucro que limpan o mar, unidas pola afinidade artística dos seus fundadores, adoitan realizar exposicións conxuntas cheas de beleza espallando a mensaxe que trae o mar por toda a costa galega.  En ‘Son de Mar’ ambas entidades contaron coa colaboración do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- organismo que promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Son de Mar. Arte e ciencia danse a man na Casa das Artes de Vigo para afondar na problemática do lixo mariño

A exposición permanecerá aberta ao público até o 7 de novembro.

Cando:

Do 7 de outubro ata o 7 de novembro de 2021

Lugar:

Casa das Artes

  • Rúa de Policarpo Sanz 15

Horario:

  • De luns a venres de 18 a 21h
  • Sábados: de 12-14h e de 18-21h
  • Domingos e festivos: 12-14h

Prezo:

Entrada gratuíta

- Publicidade -spot_img