Inicio Pontevedra Silva inaugura en Viana do Castelo a exposición 'Camiños: Con pan e...

Silva inaugura en Viana do Castelo a exposición ‘Camiños: Con pan e viño ándase o camiño’

silva-inaugura-viana-do-castelo-exposicion-caminos-pan-e-vino-andase-caminoA presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada do Presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, José María Costa, inaugurou este sábado na cidade portuguesa, pola que pasa o Camiño Portugués pola Costa, a nova mostra da Asociación de Amigos do Camiño “Con pan e viño ándase o camiño”, na que reflíctese  a cultura panadeira e vitivinícola vinculada as localidades polas que discorre a variante portuguesa do camiño de Santiago.

Á apertura da exposición tamén asistiron o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodriguez, o Presidente da Asociación, Celestino Lores, e numerosas personalidades da cultura portuguesa.

Se o pasado ano, a exposición versou sobre a arte no Camiño, este ano recolle unha ampla selección da industria panadeira portuguesa e galega. Pódese observar pans e diversa bolería de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Paredes de Coura, na parte portuguesa, e  do Porriño, de Pontevedra, de Caldas de Reis ou de Ribadumia na parte galega. En canto aos viños, son os verdes e albariños das grandes adegas os que se atopan nesta ruta xacobea. Amais inclúe unha mostra pictórica e  fotográfica coa temática do pan e do viño.

Carmela Silva destacou que “o Camiño Portugués é un instrumento fundamental para poñer en valor o noso territorio e o orgullo do que somos”

Na súa intervención na Cámara municipal de Viana, Carmela Silva desvelou “a miña felicidade por estar nunha cidade da que estou namorada hai moito tempo, e máis nun día como este no que celebrades o 170 aniversario”. A presidenta provincial aplaudiu unha mostra como esta “que permite poñer en valor o territorio porque o Camiño é un instrumento fundamental para unirnos aínda máis. Compartimos lingua, cultura e unha historia na que fomos capaces de derrubar pontes e fronteiras para ver que traballando xuntos recuperamos o mellor do noso pasado para mirar o futuro. O Camiño, dixo Silva, pon en valor o orgullo do que somos e temos que sentarnos para realizar máis accións de cara a un turismo de calidade, desestacionalizado que nos coñeza aínda mellor”.

Pola súa banda, o Presidente da Cámara de Viana, José Maria Costa, destacou que “co Camiño estamos nun proceso no que o Norte de Portugal e Galicia estamos realmente empeñados e que ten un enorme potencial cultural e turístico. Hoxe, dixo o Presidente da Cámara, é un dia especial, cumprimos 170 anos desde que temos o titulo de cidade e homenaxeamos a moitas persoas que teñen que ver co Camiño Portugués a Santiago porque por Viana pasan visitantes de ducias de nacionalidades”. Costa destacou que “o futuro é noso. Temos que profundar nunha relación transfronteiriza que poña en valor a nosa autenticidade. Somos moi parecidos porque cando falades de nós é como si falares da vosa terra, e cando falamos de vós é como si fora a nosa. E iso ten un valor incalculable“

A exposición “Con pan e Viño ándase o Camiño” xa pasou no mes de decembro pola Escola de Restauración de Pontevedra. Agora, durante un mes, estará na Cámara Municipal de Viana do Castelo para seguir despois o seu percorrido polo resto de vilas do camiño tanto na parte portuguesa como na provincia de Pontevedra.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies