Inicio Pontevedra O Salnés Silva e Cacabelos inauguran o cruceiro marítimo do Grove na ruta da...

Silva e Cacabelos inauguran o cruceiro marítimo do Grove na ruta da ‘Traslatio’

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o alcalde do Grove, José Cacabelos, inauguraron o cruceiro marítimo instalado  nunha rocha  sobre o mar na ruta marítima do mar de Arousa e a ruta terrestre do Padre Sarmiento na zona de Cantodorxo.

Carmela Silva subliñou que se trataba “dun momento máximo” ao estar en medio da ría de Arousa “dunha beleza espectacular”  e ante unha obra “que realmente emociona”. A Presidenta destacou que esta obra escultórica “fala do que somos os galegos e galegas. Somos auga e pedra. Este cruceiro, do cal quero felicitar ao seu autor Francisco Pazos, nos recorda  a eses cruceiros seculares da nosa terra”.

A comitiva, na que se atopaban as concelleiras de Turismo, Emma Torres, e a de Obras, Angeles Domínguez, o deputado de Turismo, Santos Héctor, entre outras autoridades, e o párroco, que procedeu a bendición do cruceiro, partiu desde o porto do Grove ate Cantodorxo a bordo dun barco rápido, nunha das novas iniciativas turísticas con que conta a localidade meca.

Para Silva “foi unha grande idea que o concello do Grove decidira instalar aquí o cruceiro porque permitirá reivindicar á Xunta que esta sexa unha da rutas oficiais da ruta da Traslatio na ría de Arousa e que ademais servirá para recuperar un espazo para o uso público”.

O cruceiro está esculpido en granito galego, de canteiras do Salnés, e consta de chanzos cadrados se ornamentación, un capitel sinxelo onde se sitúa a cruz. Nel están por un lado o cristo e por outro a virxe do Carme, con rostros parecidos entre si, amosando o seu parentesco. De feito, o alcalde José Cacabelos explicou que cruceiro está instalado á inversa do que é habitual. “A virxe do Carme está mirando o mar, que é o camiño principal da ruta marítima, cando o normal sería que fora o cristo”, destacou Cacabelos.

Para a Presidenta da Deputación a colocación deste cruceiro suporá poñer O Grove nunha das rutas dun tipo de turismo que cada día está máis en auxe.

Silva subliñou ademais que a peza de granito era dun gran beleza feita por un escultor, nado en Meaño e que estivera formado na Escola de Cantería da Deputación, “onde deu clase dende 1991 ate o ano 2000 e que Francisco Pazos é un grande escultor que ten feitas exposicións en todo o mundo”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o Alcalde firmaron previamente un convenio de colaboración para a Festa do Marisco

Previamente a saída en barco para inaugurar e bendecir o cruceiro, a Presidenta da Deputación e o alcalde do Grove, asinaron en el concello un convenio  de colaboración para a celebración de diversas actividades tradicionais na Festa do Marisco.

Carmela Silva subliñou, tras a firma do convenio, que o “goberno municipal do Grove está logrando que os soños empecen a ser realidades convertendo a súa localidade nunha referencia a moitos niveis, cultural, histórico da súa economía e polo seu turismo de calidade   que ademais aposta moi seriamente pola desestacionalización”.

De feito, a Presidenta destacou que a ocupación no Grove foi do noventa por cento, pero que estas cifras vanse repetir nos meses de setembro e outubro.

A cita da Festa do Marisco vai contribuír a esa alta ocupación turística “porque o que acontece en O Grove dende fai 54 anos e algo extraordinario. Coido que é hora de que todas as administracións apostemos porque a Festa sexa declarada de carácter internacional, porque cada ano recibe xente de todo o mundo”.  Precisamente esta atractivo turístico que con leva a Festa do Marisco supón que toda a provincia reciba turistas “nun mes no que tradicionalmente non é moi bo para o turismo”, salientou Silva.

Por último, a Presidenta subliñou a aposta que fai a Festa do Marisco por potenciar os produtos da ría de Arousa, añadendo novas preparacións como nesta edición é o caso do Choco. “Cada anos máis produtos   e máis preparacións para que degusten os nosos visitantes. A nosa riqueza gastronómica do mar a disposición para que os visitantes a proben”.

O convenio asinado entre os dous mandatarios supón unha subvención de seis mil euros, a mesma cantidade que todas as festas declaradas de interes nacional da provincia, que servirá para financiar actuacións de grupos de música tradicional, a saída dos Marisquiños ou a tradicional Noite Meiga de O Grove.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies