Inicio Val Miñor Baiona Baiona busca voluntarios para o Vertiatlón Solidario

Baiona busca voluntarios para o Vertiatlón Solidario

baiona-busca-voluntarios-vertiatlon-solidarioO Concello de Baiona busca voluntarios para participar na organización do III Vertiatlón Solidario que vaise celebrar o vindeiro 16 de setembro co obxectivo de colaborar coa escola adaptada a persoas con diversidade funcional do Monte Real Club de Yates.

A Concellería de Deportes, que organiza a proba xunto ao Monte Real Club de Yates, necesita voluntarios para desenvolver as tarefas loxísticas da competición e solicita a participación dos mozos da Vila maiores de 16 anos.

Os que queiran prestar o seu apoio na atención aos deportistas, o control de puntos de paso, os avituallamientos ou a atención sanitaria poden inscribirse no pavillón de deportes chamando ao 986 356 558. O seu esforzo premiarase cunha camiseta e a participación na festa final do evento.

O importe que se recade coas inscricións destinarase integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real

A terceira edición do Vertiatlón Solidario de Baiona celebrarase o próximo 16 de setembro. O importe que se recade coas inscricións destinarase integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real, que ten como principal obxectivo achegar ao mar a persoas con calquera tipo de discapacidade, para que poidan navegar en igualdade de condicións, en instalacións sen barreiras e a bordo de barcos adaptados.

Na última edición do Vertiatlón Solidario participaron máis de 200 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia que permitiron recadar, coas súas cotas de inscrición, preto de 5.400 euros. Os gañadores foron Jacobo Crego, do Olímpico de Vedra, na categoría absoluta masculina; e a súa compañeira de club, Aida García, na categoría feminina.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies