spot_img
InicioO SalnésSilva achégase á Lanzada para ver in situ o desenvolvemento do programa...

Silva achégase á Lanzada para ver in situ o desenvolvemento do programa Depoaventura

silva-visita-a-lanzada-achegase-a-lanzada-para-ver-in-situ-o-desenvolvemento-do-programa-depoaventura

2.200 nenos e nenas participan nun concurso para a confección dunha mascota que será elixida en setembro.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada delegada de cohesión social e xuventude, Digna Rivas, visitaron esta mañá as instalacións do Campamento da Lanzada para comprobar in situ como se está a desenvolver o programa Depoaventura. Neste intre xa pasaron polo campamento seis quendas das 12 que se organizaron ata a primeira semana de setembro e nas que están a participar 2.200 nenas e nenos.

Carmela Silva fixo fincapé nos investimentos realizados ó longo do ano “para impulsar a accesibilidade no recinto do campamento, que certamente estaba en moi malas condicións, así como a seguridade, renovando pavimentos e mobiliario para que as nenas e os nenos puidesen desenvolver as actividades con maiores garantías”.

Amais, a Presidenta da Deputación subliñou que este ano, por vez primeira e grazas ó convenio asinado con La Caixa, “300 nenas e nenos da provincia, con dificultades económicas, que estaban excluídos de poder participar nos campamentos da Lanzada están a participar gratuitamente no programa Depoaventura”.

Outra das grandes novidades é que por vez primeira este ano, tal e como asegurou Silva, “se fixo un esforzo para impulsar a integración de mozas e mozos con algún tipo de diversidade funcional e, así, están a participar 27 mozas e mozos que están a ser atendidos por monitoras e monitores de apoio especializados”.  Tamén por vez primeira a Deputación de Pontevedra esixiu persoal con coñecementos sociosanitarios para que puidesen atender calquera urxencia ou incidencia que acontecese no Campamento da Lanzada.

Por outra banda, todas as quendas dos campamentos están a traballar nun obradoiro de manualidades para preparar a que vai ser a mascota da Lanzada. Silva explicou que “cada quenda ten que preparar unha mascota reciclando materiais, de xeito que se está a impulsar e a promover a educación para o respecto do  Medio Ambiente, e ó remate das quendas, en setembro, un xurado elixirá a mellor opción que se converterá na mascota da Lanzada”.

De feito a Deputación convocará un xurado composto por artistas da provincia e fará un sorteo entre todos pais e nais dos nenos e nenas que participaron nos campamentos para que tamén integren este xurado. O tres de setembro se coñecera cal dos traballos das doce quendas do campamento é o ganador e cal será a mascota da Lanzada.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, a falta de que rematen as doce quendas de Depoaventura A Lanzada, avanzou que as enquisas cubertas sinalan unha elevada satisfacción entre as nais e os pais das e dos participantes.

- Publicidade -spot_img