As deportistas do Club Natación Galaico de Pontevedra obtiveron a medalla de prata no Campionato de España Absoluto
A deputada de Deportes, Chelo Besada, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ás nadadoras pontevedresas do Club Natación Galaico que veñen de quedar subcampionas no Campionato de España Absoluto, celebrado nas Palmas de Gran Canaria.
As catro nadadoras son Lara Gómez, Nuria Erselle, Inés Gómez e Águeda Cons, aínda que esta última non puido asistir á Deputación por mor da coincidencia cos seus horarios de adestramentos.
Na recepción tamén participaron o presidente do Club Natación Galaico, José Miguel Cano, así como o seu director técnico, Diego Pérez.