spot_img
InicioVal MiñorBaionaSetecentos veciños asisten a Festa das Persoas Maiores de Baiona

Setecentos veciños asisten a Festa das Persoas Maiores de Baiona

Festa das Persoas Maiores en BaionaO Concello de Baiona celebrou este xoves a Festa das Persoas Maiores coa participación de 700 veciños do municipio. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu os actos aos que tamén acudiron o exrexedor e actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o delegado da Xunta de Galicia, Ignacio López Chaves.

O programa coordinado pola Concellería de Servizos Sociais iniciouse ás 12:30 horas coa celebración dunha eucaristía na Ex-Colexiata de Baiona. Os convidados, inscritos durante as últimas semanas a través dos servizos municipais, foron trasladados en autobuses ata o restaurante Rocamar, onde celebrouse a comida de confraternidade e, xa pola tarde, un animado baile.

“Esta homenaxe permite que unha vez ao ano as nosas persoas maiores teñan un espazo dedicado para eles e un momento de reunión, de reencontro”, destacou Carmen Paredes, concelleira de Servizos Sociais. Todos os presentes recibiron un pequeno agasallo feito polos nenos do Centro Juan María, unha libreta conmemorativa que tamén serviu para apoiar a iniciativa dos alumnos da asociación adicada ás persoas con discapacidade intelectual.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.