spot_img
InicioBaixo MiñoO coñecido como "Carballo de Mar" e convertido en escultura será presentado...

O coñecido como “Carballo de Mar” e convertido en escultura será presentado dentro dos actos da “Semana da Árbore” de Tomiño

Semana da árbore de TomiñoO coñecido como “Carballo de Vilar”, convertido en escultura pola artista búlgara Liiliya Pobornikova, será presentado de forma oficial o vindeiro sábado.

Tomiño continúa celebrando até o vindeiro sábado, a “Semana da Árbore”, organizada dende a Concellalía de Medio Ambiente, con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica”.

Dende o pasado luns, veñen celebrándose, con éxito de público e participación, diferentes actividades, coma conferencias; presentación do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño, e do proxecto escolar “As nosas amigas as plantas”, de Acubam (Asociación Cultivos Baixo Miño).

Estas dúas últimas tiveron lugar onte, mércores 24 de maio, no mercado municipal. Xurxo Mouriño, presentou o catálogo de árbores senlleiras, resultado dun longo traballo de investigación, con 120 especies arbóreas inventariadas.

Pola súa banda, Patricia Rodríguez, presidenta de Acubam, presentou o proxecto “As nosas amigas as plantas”, levado a cabo en todos os colexios do municipio, con grande éxito.

Mañá, venres 26 de maio, no auditorio de Goián, proxectarase a película “O bosque animado” e a curta divulgativa “Vive o bosque”, presentada por Suso Cubeiro, ilustrador e divulgador medio ambiental.

A semana rematará o sábado coa as primeiras Xornadas de Compostaxe, na Praza do Seixo, con reparto de compost procedente dos primeiros composteiros comunitarios de Tomiño (situados nos núcleos urbanos). Tamén participará o programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, a través dun stand informativo. As actividades estarán amenizadas coa actuación do grupo de gaitas “Airiños novos de Pinzás”.

Por último, presentarase a obra da escultora Liiliya Pobornikova, realizada coa árbore coñecida como “Carballo de Vilar”. Será ás 12 do mediodía na rúa Daniel Calzado.

A concelleira de Medio Ambiente, Mª Xosé Vázquez, explica que o obxectivo desta semana é dar a coñecer e divulgar, de maneira especial entre os máis pequenos, unha parte importante do patrimonio natural de Tomiño, neste caso as súas árbores e a súa paisaxe natural.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.