spot_img
InicioPontevedra e ÁreaSete rutas literarias polas Rías Baixas

Sete rutas literarias polas Rías Baixas

Co obxectivo de achegarse á literatura, á cultura e á lingua desde outra perspectiva, ademais de dar a coñecer a provincia, a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), pon en marcha sete rutas literarias gratuítas entre o 25 de agosto e o 6 de outubro.

Moaña, Vilagarcía de Arousa, Cuntis, Vigo, Ribadumia, Meis, Barro, Tui e Bueu serán os lugares onde as e os asistentes poderán descubrir os segredos do patrimonio literario provincial, ademais de conversar con algunhas das autoras e autores das obras escollidas.

As sete rutas terán lugar todos os sábados do 25 de agosto ao 6 de outubro, entre as 11:30 e as 13:00 horas. Cun número máximo de 50 prazas para cada paseo para que a dimensión do grupo permita a comunicación fluída, todas as rutas son gratuítas, pero requírese inscrición previa a través do correo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando a proposta elixida e os datos de contacto das persoas participantes ata un máximo de catro prazas por inscrición.

Con esta proposta, cuxo número de rutas increméntanse de catro a sete polo éxito cultivado o ano anterior, preténdese, como destacou na súa presentación o deputado de Cultura, Xosé Leal, “poñer en valor o local e coñecer cada espazo de cada ruta en relación coa literatura”. E é que, como sinalou a escritora e representante da AELG, Marta Dacosta, “esta fórmula permite coñecer en detalle os lugares que enmarcan ou que nutren as obras literarias escollidas”.

As traballadoras do mar moañesas, pioneiras na loita polos dereitos laborais, protagonizaron a primeira ruta, guiada por Xosé Daniel Costas Currás

primeira ruta, que contou co poeta Xosé Daniel Costas Currás como guía e a súa obra “Conservas” como fonte de inspiración, tiovo Moaña e ás traballadoras do mar como protagonistas, pioneiras nesta localidade en loitar polos seus dereitos laborais e a profesionalización do sector.

A oferta complétana seis rutas máis que percorrerán a provincia. O 1 de setembro a quenda será de Marcos Calveiro, que guiará “O xardineiro dos ingleses” en Vilagarcía de Arousa. A ruta ao redor da figura de Roberto Branco Torres, con Marcos Seixo, e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” con Ledicia Costas serán as citas en Cuntis e Vigo os sábados 8 e 15 de setembro. En Ribadumia, Meis e Barro terá lugar o día 22 o percorrido en autobús “Seique, quando os passeios eram morte”, con Susana Sánchez Arins, mentres que o último sábado do mes de setembro “Tui na literatura” protagonizará o percorrido de Marga do Val. A última proposta de percorrido literario levará a cabo en Bueu, onde Lucía Novas homenaxeará ao seu ilustre literato Johan Carballeira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.