Inicio Pontevedra Seleccionado o cartel da LIX Festa da Lamprea de Arbo

Seleccionado o cartel da LIX Festa da Lamprea de Arbo

Máis dunha vintena foron as propostas que chegaron en prazo e forma ao  Concello de Arbo desde distintas partes da xeografía española para participar no concurso de carteis que cada ano escolle ao cartel anunciador da Festa da  Lamprea, que este ano se celebrará os días 26, 27 e 28 de abril no seu cincuenta e nove edición.

Os debuxos foron entregados en soporte físico (papel, tea, cartón…) nun tamaño mínimo A3, así como en soporte dixital a máxima resolución. Cada participante podía presentar como máximo dous carteis. Os carteis presentados debían incluír de maneira correcta as datas da festa, as letras e a edición da festa, correspondentes ao ano 2019. Os materiais empregados, ao ser de libre elección, van desde lapis de cores, ceras, ou acuarelas ata  témperas ou mesmo en colaxe.

O alcance e repercusión que a festa da lamprea está a ter en España, demóstrase na alta participación no concurso de carteis da festa da  lamprea. Con propostas chegadas desde Barcelona, Asturias, Almeria, entre outros lugares da xeografia española queda reflectida a intensa estratexia de promoción e difusión desta festa por parte do  Concello. 

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, mostra a súa satisfacción co alcance, a categoría e a participación lograda nesta nova edición do concurso de carteis da “LIX Festa dá Lamprea”, onde os autores mostraron diferentes habilidades, talento, creatividade e coñecemento absoluto sobre a nosa Vila e  a nosa  Raíña do Miño, “a  Lamprea.” Os bosquexos foron avaliados por un xurado reunido o pasado día 11 de xaneiro  ás 12.00 horas no Salón de Plenos do  Concello de Arbo. Un xurado composto por membros representativos dos diferentes sectores empresariais e sociais da localidade. A elección resultou  unha ardua tarefa, tendo en conta que os deseños, todos eles coa  lamprea como tema principal, presentaban unha enorme destreza, dedicación e esmero. O cartel gañador é un deseño de Nestor Domínguez Lorenzo de A Cañiza. Un debuxo de gran orixinalidade formado por unha gran  lamprea de cor verdoso no centro, acompañado dun fondo en tons degradados de edificacións clásicas e representativas de Arbo. O gañador deste concurso obtivo un premio de 600€, mentres que o segundo e terceiro clasificado obtiveron 300€ e 100€ respectivamente.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies