Inicio Pontevedra Seis estudiantes da Universidade de Vigo, galardoadas co premio Sofía Novoa

Seis estudiantes da Universidade de Vigo, galardoadas co premio Sofía Novoa

Seis estudiantes da Universidade de Vigo galardoadas co premio Sofía NovoaEntregáronse os galardóns ás seis estudantes da Uvigo  premiadas este ano cuxos traballos de fin de máster e fin de grao foron recoñecidos ao incluír a perspectiva de xénero

A música de Bach e Piazzolla                                                                                                                        A música de Bach e Piazzolla, da man do dúo de piano e flauta traveseira do Conservatorio Mayeusis, inundou esta tarde o Pazo de Gandarón, en Salcedo, engalanado para acoller o acto de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, impulsados pola Deputación de Pontevedra. A sede da Misión Biolóxica de Galicia foi o escenario elixido por primeira vez para galardoar este ano ás seis estudantes da Universidade de Vigo que incluíron a perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao e de fin de máster. Ao evento, ao que asistiron o Vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Jorge Soto, o sobriño de Sofía Novoa, Juan Francisco Novoa, así como colectivos e asociacións de mulleres da provincia, foi conducido pola escritora Ledicia Costas, coa presenza da presidenta provincial, Carmela Silva, quen enxalzou a “figura esquecida” de Sofía Novoa, que da nome aos galardóns.

Carmela Silva felicitou ás estudantes premiadas.                                                                                         Na súa intervención, Silva felicitou ás estudantes premiadas “mulleres do presente que construirán futuro, que son un canto para outro mundo porque o mundo precisa de  ser cambiado e os cambios máis importantes teñen que partir da igualdade”. A presidenta provincial sinalou que o nivel dos traballos “mostra que o legado, a memoria e o compromiso de Sofía Novoa segue vivo e que este século vai ser o noso, o das mulleres”. Carmela Silva enxalzou tamén “este marabilloso Pazo de Gandarón, un lugar máxico no pasado e un centro de investigación no presente e para o futuro, que amais dirixe unha muller como Elena Cartea, hoxe escenario para recoñecer o traballo das mulleres porque os recoñecementos ás mulleres precisan dos mellores escenarios”

A presidenta da Deputación fixo unha homenaxe á figura de Sofía Novoa, “unha grande música pero que foi moito máis, unha muller comprometida coa liberdade, coa igualdade e defensora dos sonos dun mundo mellor, invisibilizada no seu tempo polo patriarcado, por un mundo inxusto por non dicir indecente, que a silenciou como a tantas outras ás que temos que sacar do silencio. Xamais volveremos a consentir que vivan no silencio“, dixo Carmela Silva. A presidenta provincial agradeceu tamén a implicación da Universidade, “a casa do coñecemento que permite que abramos os ollos desde a investigación sobre o que pasa para que podamos cambialo”

Ledicia Costas                                                                                                                                                   Na apertura, a escritora e condutora do evento, Ledicia Costas, apelou a palabra “sororidade” para explicar “a rede de afectos que levou a un grupo de mulleres da Deputación a dedicar estes premios a unha das invisibles como Sofía”. Costas deu paso ás estudantes premiadas, coas que conversou sobre a súa motivación para introducir a perspectiva de xénero nos seus traballos, tanto de fin de grao como de fin de máster.

Seis estudiantes da Universidade de Vigo galardoadas co premio Sofía Novoa

Na primeira modalidade foron premiadas Paula González, de Cambados; Laura Cao, de Viveiro; e Alba Vicente, da Guarda. Da segunda, as galardoadas foron María Dolores Fernandes, de Mos; Andrea López, de Moaña; e Belén Calero, de Vigo.

Ledicia Costas tamén fixo un repaso pola vida de Sofía Novoa, unha muller que, recordou, proviña dunha familia vencellada ao progresismo e que estudou en Madrid, na Residencia de Señoritas, unha institución feminina pioneira na que se formou durante 14 anos e na que se converteu nunha das persoas máis próximas a María de Maeztu. Estudou solfexo e piano no Real Conservatorio e especializouse en Lisboa e en París. Cando estalou a Guerra Civil, Novoa exiliouse aos Estados Unidos e só regresou a España para defender a súa tese no 1949. Cunha traxectoria tan destacada como a de Sofía Novoa, a Deputación de Pontevedra quixo enxalzar a súa figura a través dos premios que levan o seu nome. Así, estes galardóns impulsan desde fai tres anos o estudo e a investigación para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres, que repercute en beneficio do progreso e do benestar da sociedade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies