Inicio Galicia Sanidade destaca e agradece o traballo da Asociación Galega de Fibrose Quística

Sanidade destaca e agradece o traballo da Asociación Galega de Fibrose Quística

sanidade-destaca-e-agradece-o-traballo-da-asociacion-galega-de-fibrose-quistica

O conselleiro de Sanidade participou na celebración do 30ª aniversario da Asociación Galega de Fibrose Quística no que felicitou e agradeceu o importante traballo que leva realizando a asociación na súa traxectoria durante estas tres décadas

Tamén subliñou que o noso sistema sanitario debe ser quen de implicar aos pacientes e ás súas asociacións na definición, deseño e priorización das accións e medidas a implantar polo propio sistema, coa implicación, o traballo e compromiso dos nosos excelentes profesionais. En suma, facendo da organización sanitaria un sistema máis eficiente na consecución do seu obxectivo principal: elevar o nivel de saúde da cidadanía galega.

Diagnóstico precoz esencial
A fibrose quística é a enfermidade xenética autosómica recesiva máis frecuente na poboación caucásica, a que predomina en Occidente, o noso contorno. En Europa, a incidencia é dun neno acabado de nacer por cada 2.000-3.000 nacidos vivos. En España é de 1 por cada 3.500.

Dende o punto de vista asistencial, esta patoloxía presenta un cadro grave, polo que o diagnóstico precoz e o tratamento adecuado poden minorar os seus efectos. Nos últimos anos o manexo da fibrose quística, tanto nos aspectos diagnósticos coma terapéuticos, avanzou considerablemente.

O diagnóstico precoz é unha das vías de actuación principais contra a fibrose quística. Neste senso, destacan os avances conseguidos recentemente en base ao informe elaborado pola Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t), polo que se incorporou o cribado neonatal da fibrose quística á Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. Para Jesús Vázquez “o diagnóstico precoz demostrou que mellora o crecemento e o estado nutricional do neno e, en consecuencia, a súa calidade de vida”.

O conselleiro de Sanidade tamén resaltou a difícil situación á que se enfrontan as familias xa que “a aparición de fibrose quística nun neno implica un desaxuste emocional na familia, todos os membros da mesma teñen que adaptarse á nova situación”. E destacou que as administracións sanitarias deben ter presente esta dimensión á hora de afrontar esta enfermidade xa que como na maioría das enfermidades crónicas e graves, adoita dar lugar a problemas sociais, emocionais e psicolóxicos de diferente grao de gravidade, tanto nos pacientes como nas súas familias e na súa contorna social.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies