Inicio Pontevedra O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reúnese en Nigrán con Juan...

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reúnese en Nigrán con Juan González como presidente

alcalde-Nigrán-presidirá-nospróximos-catro-anos-Fondo-Galego-Cooperación-Solidaridade

Nigrán acolle mañá a primeira das seis xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria convocadas para este semestre polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade presidida polo alcalde, Juan González. Trátase dunha xuntanza de especial relevancia porque é a primeira que se celebra trala elección da nova Comisión Executiva, que se renova logo de cada convocatoria de comicios locais. Así, o Concello será este martes, 17 de novembro, o anfitrión dun encontro que reúne ao persoal técnico das administracións socias para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poden implementar ao longo do ano. A cita será ás 12 horas no salón de actos da Casa Consistorial.

“É un orgullo para Nigrán estar á fronte deste organismo por vez primeira na súa historia e que a rede municipalista solidaria se reúna aquí. O noso reto dende o Fondo é seguir axudando ás persoas, mellorar as relacións coa Xunta, procurar que se unan máis concellos e continuar cos proxectos xa iniciados”, sinala o rexedor, Juan González.

Entre o 17 e o 24 de novembro desenvólvense estes foros nos concellos de Nigrán, Ames, Caldas de Reis, Cartelle, Monforte de Lemos e a Deputación da Coruña. A Rede Municipalista Solidaria está integrada polas técnicas e técnicos delegados do Fondo Galego de Cooperación en cada una das preto de cen administración locais e provinciais socias. Todas as reunións darán comezo ás 12 horas e cada quen escolle a cal acudir, en ocasións na compaña de representantes políticos municipais.

Nos encontros, a Secretaría Técnica do Fondo Galego informa sobre o estado da asociación, dos proxectos que se executan en países empobrecidos de Latinoamérica, África ou Asia, e das actividades dispoñibles para os concellos e deputacións. Neste senso, prestarase especial atención ao Plan 2015, que reedita fórmulas de éxito como o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, os encontros dixitais #Alén2015, os contos da Tropa de Trapo, os ciclos de cine ou as exposicións. Ademais, faise especial fincapé na comunicación con enfoque de cambio social e recolleranse tamén ideas para o próximo ano.

As xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria coa Secretaría do Fondo Galego de Cooperación celébranse cada seis meses co obxectivo de render contas e favorecer un contacto directo que garanta correcto funcionamento da asociación. O intercambio de ideas e opinións que se xera permite unha boa circulación da información, a comunicación e a transparencia, imprescindibles para realizar un traballo eficaz.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 87 concellos e as deputacións da A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Calendario da RMS
17/11/2015. Concello de Nigrán. Salón de Actos do Concello (Praza da Constitución, s/n).
18/11/2015. Concello de Ames. Pazo da Peregrina (Avda. José Luis Azcárraga, 5. Bertamiráns)
19/11/2015. Concello de Caldas de Reis. Salón de Plenos de Concello (Rúa Ferrería, 1).
23/11/2015. Concello de Cartelle. Auditorio (Outomuro).
24/11/2015. Concello de Monforte de Lemos. Sala de Xuntas do Concello (Praza Campo de San Antonio, s/n).
27/11/2015. Deputación da Coruña. Sala Juanjo Gallo (Avda Alférez Provisional, 2. 6º andar).

Orde do día das RMS
1. Introdución ao Fondo Galego.
2. Exposición do estado dos proxectos de cooperación internacional.
3. Presentación do estado de execución do Plan de Sensibilización 2015.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies