Inicio Pontevedra O Concello de Soutomaior abrirá un novo parque canino en Arcade

O Concello de Soutomaior abrirá un novo parque canino en Arcade

O Concello de Soutomaior abrirá un novo parque canino en Arcade

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, anunciou esta mañá a próxima construción dun novo parque para cans en Arcade. A medida foi impulsada por un veciño da localidade a través das redes sociais e a plataforma colaborativa de peticións, Change.org, onde solicitou case 200 apoios de veciños e simpatizantes do mundo canino en poucas semanas.

O novo recinto, o segundo destinado a cans en Arcade, terá unha superficie total de 900 metros cadrados e instalarase na parcela situada sobre o túnel do AVE na avenida de Castelao. Está previsto que o novo parque estea totalmente listo no primeiro trimestre de 2016, “aproveitando un espazo ao que se lle daba pouco uso e que xa era utilizado por algúns veciños para pasear coas súas mascotas”, afirmou Reguera.

Como é costume neste tipo de espazos, instalaranse diversos elementos de divertimento para os cans, ademais de colectores para residuos, bolsas para a recollida de excrementos, unha fonte de auga adaptada e bancos para que os responsables dos animais poidan descansar mentres xogan as súas mascotas. Todo iso dentro dun recinto valado e con dobre entrada para garantir a total seguridade dos cans. Do mesmo xeito, instalaranse paneis informativos á entrada do parque para concienciar aos usuarios da necesidade de contribuír ao bo uso e mantemento do mesmo.

Nun futuro dotarase ao recinto dunha zona de sombra tanto para as mascotas como para os seus donos. Ademais, xa se están valorando posibles melloras futuras, como a construción dun acceso ao paseo marítimo e poder conectar así as dúas zonas caninas da localidade e a colocación dos elementos de adestramento canino ou agility co obxectivo de que os veciños poidan practicar coas súas mascotas saltos e comportamentos dinámicos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, afirmou que “para Soutomaior é unha gran honra ter veciños tan implicados no benestar das súas mascotas e desde o Concello estamos encantados de poder apoiar esta clase de propostas. Desde hai tempo propuxémonos buscar lugares idóneos en espazos verdes para instalar este tipo de parques e que os propietarios de mascotas teñan á súa disposición un recinto seguro para gozar delas”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies