spot_img
InicioO MorrazoMoañaA Xunta continúa en Moaña a súa rolda de contactos cos concellos...

A Xunta continúa en Moaña a súa rolda de contactos cos concellos da Área Metropolitana de Vigo

-xunta-continua-en-moana-a-sua-rolda-de-contactos-cos-concellos-da-area-metropolitana-de-vigo

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, no concello para coñecer as súas propostas e suxestións relativas á Área Metropolitana de Vigo.

Como xa fixera en ocasións anteriores, o director xeral destacou o ton cordial deste encontro, que se traduciu nun posicionamento unánime en varios dos puntos a tratar, e en aspectos fundamentais para a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo, e anunciou que estase moi preto xa de chegar a un acordo para que arranque a posta en marcha da Área.

Así, por exemplo, a alcaldesa e o director xeral coincidiron na necesidade de establecer unha cantidade fixa por habitante para financiar a AMV. Para Pazos Couñago este criterio, que xa está recollido na actual lei da Xunta, garante a proporcionalidade das achegas de cada concello integrante do ente supramunicipal.

Así mesmo, a rexedora de Moaña coincidiu con diversas propostas feitas tamén por outros concellos, que reflicten a necesidade de atopar unha solución que aposte polo voto ponderado na Xunta de Goberno, onde a alcaldesa indicou que debe ser un voto ponderado reforzado cun mínimo de concellos. E manifestou tamén o máxime interese no transporte metropolitano, que debe facerse dende un plantexamento integral que dea servizo a todos os habitantes do concello de Moaña.

Pola súa banda, o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, expúxolle á rexedora as ventaxas da implantación inmediata da Área Metropolitana, coincidindo ambos na conveniencia de constituíla definitivamente no menor prazo posible.

A axenda de encontros do director xeral da Xunta continuará esta semana co concello de Cangas e proximamente cos concellos de Redondela e Vigo, co obxectivo de seguir coñecendo persoalmente as propostas e suxestións dos representantes municipais e intentar acadar así o máximo consenso posible para que a Área Metropolitana bote a andar canto antes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.