·Publicidade ·spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra proxecta unha pasarela de acceso a Illa Fillaboa

Salvaterra proxecta unha pasarela de acceso a Illa Fillaboa

Salvaterra proxecta unha pasarela de acceso a Illa FillaboaA alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de reunirse coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, co fin de presentarlle dous proxectos estratéxicos para o seu municipio. Por un lado un proxecto maduro, que se leva tramitando dende varios anos en diversos organismos, e que ten unha gran importancia a nivel medioambiental como é a pasarela de acceso a Illa Fillaboa, un proxecto para o que se está a valorar o seu posible encaixa nos novos Fondos Europeos de Recuperación.

A Illa Fillaboa conta con máis de 100.000m2, é a única illa de titularidade pública no Río Miño, está dentro da Rede Natura 2000, e nestes momentos estanse levando diferentes accións para pola en valor e abrila ao público a través de visitas programadas en barco. Coa construción desta pasarela daríase un paso máis e fariamos totalmente accesible ao público un entorno que temos que coidar e potenciar, ademais do valor didáctico e pedagóxico que se lle quere dar a través do Centro de Interpretación que existe no seu interior, ademais tamén se proveería aos pescadores dun aceso seguro aos emprazamentos nos que se desenrola a súa actividade.

Salvaterra proxecta unha pasarela de acceso a Illa Fillaboa

Trataríase dunha estrutura, unha pasarela peatonal que uniría a beira norte do río Miño e a Illa Fillaboa, unha ponte colgante con atirantamento, con un trazado de 122m dende o borde do camiño de aceso (inicio da rampla norte) ata que a rampla sur toma unha dirección perpendicular para o descenso sobre a illa, en total con acesos estaríamos a falar dunha lonxitude de 163,5m.

Por outra banda, a alcaldesa de Salvaterra presentoulle tamén unha memoria que se enmarca dentro do proxecto da recuperación do Recinto Amurallado, neste caso o remate da humanización das rúas interiores, un proxecto que contempla a humanización, o soterramento de liñas e a restauración do adoquinado das rúas interiores, co fin de seguir avanzando na posta en valor do patrimonio histórico cultural.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies