·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda xa luce o distintivo de Bandeira Azul na praia do...

A Guarda xa luce o distintivo de Bandeira Azul na praia do Muiño

A Guarda xa luce o distintivo de Bandeira Azul na praia do MuiñoTamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une a Praia do Muíño e a Praia de Area Grande

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

As praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais concedeuse o “Sendeiro Azul”, camiño que une estas dúas praias.

O xoves 15 de xullo izouse a Bandeira Azul na Praia do Muíño tendo que renunciar ao distintivo en Area Grande ao non poder cumplir co compromiso do servizo de socorrismo. Ante a dificultade de completar a plantilla dos socorristas necesaria para dar servizo de salvamento nas dúas praias, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de luns a domingo de 12.00 a 20.00h e tentarase atender tamén con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana.

A praia do Muíño dispón dos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo dende o venres día 9 de xullo. Ademais esta praia fluvial está acondicionada para persoas con discapacidade con pasalela accesible e cadeira anfibia que facilita o baño aos usuarios que o soliciten.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos a pesar da dificultade na contratación dos socorristas.

Ademais volveuse a izar na Praia do Muíño o distintivo de Ecopraia concedido por ATREGRUS, Asociacion técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, e respectar así o delicado ecosistema dunar

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies