spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra aproba un Plan de Mobilidade que contempla sacar o tráfico pesado...

Salvaterra aproba un Plan de Mobilidade que contempla sacar o tráfico pesado do centro urbano

Acordo para a renovación estrutural da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao e a súa ampliación para instalar un carril biciO Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PEMUS) no pleno do pasado luns, que contempla entre outras cousas solicitar a ampliación da Ponte Internacional cun carril bici e unha beirarrúa para o tránsito peonil, unha nova Ponte Internacional entre Salvaterra e Monçao, que conecte coa PLISAN e permita sacar o tráfico pesado do casco urbano e solicitar unha liña de tren de cercanía entre Vigo e Ourense.

O obxecto deste plan é definir detalladamente as actuacións e medidas que teñen como finalidade implantar formas de desprazamento máis sostibles, reducindo o consumo enerxético e as emisións contaminantes, logrando ao mesmo tempo garantir a calidade de vida da cidadanía, recollendo a análise da situación actual e, a partir desta información, definir a visión e os obxectivos do Concello, así como o conxunto exhaustivo de accións a levar a cabo para alcanzar.

Como medidas a destacar e co fin de reducir o uso do vehículo privado e fomentando os desprazamentos a pé e en bicicleta plantéxanse actuacións conxuntas coas diferentes administracións, Xunta e Deputación,  para conectar os nucleos das parroquias, algunhas destas accións xa se executaron ou están en execución:

  • A ampliación da Ponte Internacional cun carril bici e unha beirarrúa para o tránsito peonil que permita a movilidade internacional sostible e segura das persoas.
  • A solicitude dunha nova Ponte Internacional entre Salvaterra e Monçao, que conecte coa PLISAN e permita derivar o tráfico pesado do casco urbano, disminuindo o tráfico da Rúa Miño e a contaminación acústica.
  • Solicitar unha liña de tren de cercanía entre Vigo e Ourense que facilite a mobilidade para o traballo, estudos ou ocio e moitas máis accións que marcarán a folla de ruta a corto, medio e longo prazo do Concello.

Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)

A expansión urbana provoca cambios nos hábitos de mobilidade, no que destaca cada vez máis o uso do transporte privado que ten un impacto negativo no medio e na sociedade, polas emisións de gases contaminantes e elevado consumo enerxético. Por este motivo debemos lograr un sistema de mobilidade urbana que non dependa dos combustibles fósiles. Para conseguilo, é necesaria a participación das Administracións de cara a preparar estratexias e medidas que sigan unha tendencia sostible, así como a concienciación da sociedade. É por isto que xorden os Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), nos que se propoñen accións e medidas para mitigar os efectos prexudiciais provocados polo transporte e fomentar medios de transporte non contaminantes, sostibles e eficientes.  O PMUS é empregado tamén como instrumento de concienciación e sensibilización para os cidadáns, as administracións públicas e para o resto de axentes implicados na mobilidade .

- Publicidade -spot_img