·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución

A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución

A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da ConstituciónO Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de QUE FACER na vila

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o seu territorio a través das rutas de sendeirismo, gozan da natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a súa gastronomía e produtos locais. Para completar estes recursos e para que os visitantes e veciños coñezan con máis detalle todo o seu patrimonio e historia, ofreceranse visitas guiadas gratuítas coincidindo coa Ponte da Constitución:

  • Castro Santa Trega:

Visita guiada de 60 minutos á zona escavada comezando polo Barrio Mergelina (escavación realizada en 2018) e rematando nas vivendas reconstruídas. Permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda

Haberá unha visita ás 12:00 os días sábado 4, domingo 5, martes 7 e mércores 8 co punto de encontro na Casa Forestal.

O aforo é limitado e precisan inscrición previa no MASAT (Museo Arqueolóxico) no tel. 690 01 70 38 ou en masat@aguarda.es. O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

  • Percorrido histórico polas prazas urbanas:

Co encanto da noitiña visitaranse as principais prazas e rúas urbanas amosando a súa historia, detallando os diferentes usos e nomes empregados no pasado e destacando os monumentos máis importantes destes espazos urbanos.

Praza do reló-A Guarda Concello

Neste caso as visitas comezarán ás 18:30h na Praza do Reló xunto a Oficina de Turismo e serán os días sábado 4, domingo 5, luns 6 e martes 7.

Tamén terán unha duración aproximada de 60 minutos e precisan inscrición previa na Oficina de Turismo (tel. 986 61 45 46 ou en aguarda.oficina.turismo@gmail.com / turismo@aguarda.es)

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura especial:

  • MASAT (Museo Arqueolóxico). Amplía o seu horario dende o venres 3/12 ao mércores 8/12: 10:00 a 19:00. O luns mantense pechado.
  • MUSEO DO MAR. Aberto de sábado 4/12 ao mércores 8/12 (excepto martes 7/12): 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00
  • CASTELO DE SANTA CRUZ: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00.

O Museo do Mar da Guarda incluído na guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA
Museo do Mar da Guarda

Estas datas da Ponte da Constitución tamén serán unha oportunidade para coñecer a figura de Eliseo Alonso Rodríguez, recentemente recoñecido como Fillo Adoptivo da Guarda, visitando as dúas exposicións na súa honra na Casa dos Alonso (Praza do Reló):

  • Exposición bibliográfica titulada “Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda”. O visitante descubrirá a vida literaria de Eliseo e doutras persoas de relevancia.
  • Mostra filatélica coas coleccións de varios expositores. Ademais dunha tarxeta postal ilustrada personalizada e franqueada con un selo personalizado (gamela a vela da Guarda) e un sobre ilustrado co cuño postal conmemorativo.

Horario ata o 9 de decembro: De luns a venres: 11:00 a 13:00h. Fins de semana e festivos (luns 6/12 e mércores 8/12): 11:00 a 13:30/16:00 a 19:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo abre de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 ata o 17 decembro. Tamén consultar por mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46 (operativo o domingo 5/12).

- Publicidade -spot_img

Publicidade