spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda xa traballa na mellora integral do parque infantil de Barreiro

Salceda xa traballa na mellora integral do parque infantil de Barreiro

Salceda xa traballa na mellora integral do parque infantil de BarreiroDentro das obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio, nesta ocasión o Concello está a realizar melloras no parque infantil de Barreiro, ubicado no entorno do centro cultural.

O proxecto, que conta cun orzamento de 13.055,90 € asumidos con fondos propios do Concello, conleva a reparación dos elementos máis deteriorados e a instalación de outros xogos para completar o espazo, así como o adecentamento de todo o entorno, incluído a colocación dunha valla que garanta a seguridade dos nenos e nenas. A reforma lévase a cabo en coordinación coa directiva do centro cultural, que lle trasladou a necesidade á alcaldesa Loli Castiñeira.

Esta obra de mellora súmase ás xa realizadas nos parques das parroquias de Soutelo, Parderrubias, Entenza (Torrón), Picoña (Arrotea) e San Xurxo. O Concello seguirá coa realización das obras de reparación e melloras precisas nos demais parques das parroquias, para o que se está a realizar xa un traballo de avaliación naqueles parques que precisen algún tipo de intervención. Hai que lembrar o enorme crecemento poboacional de Salceda, que chegou a alcanzar a taxa de natalidade máis alta de Galicia, o que fai precisas actuacións deste tipo dirixidas á poboación infantil.

Salceda xa traballa na mellora integral do parque infantil de Barreiro

Tamén nos parques infantiles existentes no casco urbano  Parque Aragonta e Parque da Gándara), se levaron a cabo obras de reparación dos columpios existentes, así como a sustitución dos que se atopaban en peor estado. Ademais nestes parques habilitáronse sendas que posibilitan a accesibilidade aos columpios inclusivos recentemente instalados polo Concello, completando así o proceso de apertura dos parques para todos os nenos e nenas. No vindeiro mes de outubro será a quenda do parque instalado na Praza do Concello, na entrada do Auditorio Municipal, que tamén verá renovadas e melloradas as súas instalacións.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Seguimos a traballar nos espazos adicados aos máis cativos, nunha vila coñecida polo seu alto índice de natalidade, dando resposta ás solicitudes veciñais que nos trasladan as asociacións. A cooperación entre entidades será unha constante para este Goberno, como garantía de obter os mellores resultados”.

- Publicidade -spot_img