Inicio Alto Minho Empresas europeas e da península visitan O Baixo Miño e o Norte...

Empresas europeas e da península visitan O Baixo Miño e o Norte de Portugal co obxetivo de establecer relacións comerciais

Empresas europeas e da península visitan O Baixo Miño e o Norte de Portugal co obxetivo de establecer relacións comerciaisProcedentes de Reino Unido, Bélxica e Francia, ademáis de Galicia, España e Portugal, 19 empresas de toda a cadea do sector agro visitaronn estes días o territorio transfronteirizo para coñecer a calidade dos seus produtos e servizos e manter reunións nas que formalizar futuros acordos comerciais.

O obxectivo desta primeira Misión Comercial Inversa, que fora presentada na pasada Mostra de Cultivos celebrada en Goián en Marzo, é contribuír ao posicionamento do sector agro de Baixo Miño e do norte de Portugal “dando a coñecer de primeira man a potenciais clientes e compradores os produtos e servizos agrarios da comarca”, achegando á zona novas oportunidades de negocio mediante un “mecanismo realmente eficiente para chegar a novos mercados”, en palabras dos organizadores.

Empresas europeas e da península visitan O Baixo Miño e o Norte de Portugal co obxetivo de establecer relacións comerciais
Ponte de Lima

Entre o 18 e o 20 de setembro, máis de 50 representantes de 30 empresas participaron activamente en diferentes reunións bilaterais. Ademáis, o xoves 19 realízouse unha visita ao Festival de Xardins de Ponte de Lima e a distintas empresas portuguesas, adicándose o venres 20 ás visitas programadas a viveiros e á comercializadora do Baixo Miño.

Para Sandra González, alcaldesa de Tomiño, esta iniciativa “é unha nova mostra da calidade do noso sector agrario e da súa relevancia socioeconómica para o presente e futuro da nosa comarca” o que motivou que a Eurocidade considere o apoio á dinamización e proxección exterior do sector “unha das prioridades na súa axenda de cooperación transfronteiriza”.

A Misión Comercial Inversa, organizada por acuBam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), en colaboración coa Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN), está promovida pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no marco das actividades de dinamización da economía local transfronteiriza contempladas no proxecto da ‘Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño’, co-financiado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies