Inicio Val Miñor Baiona A campaña contra os plásticos "Experiencias Sostibles" e a da loita pola...

A campaña contra os plásticos “Experiencias Sostibles” e a da loita pola igualdade tamén estarán presentes no Barbeira SeaSon Fest

a-campana-contra-os-plasticos-experiencias-sostibles-e-a-da-loita-pola-igualdade-tamen-estaran-presentes-no-barbeira-season-festO festival contará cunha carpa na que se repartirán materiais das campañas de sustentabilidade e igualdade da Deputación de Pontevedra.

O goberno provincial revalidará o seu compromiso co medio ambiente cara a transición ecolóxica no Barbeira SeaSon Fest, un festival que da prioridade á ecoloxía, a cultura e a economía circular e que se desenvolverá mañá, sábado 21 de setembro, na praia de Barbeira de Baiona.

Trátase dun evento especialmente comprometido coa redución dos plásticos, o seu uso non está permitido dentro do recinto e un dos escenarios leva por nome Escenario Cero Plásticos. A institución provincial achegará ao festival material das súas campañas de sustentabilidade e igualdade a través dunha carpa que estará aberta de 12 da mañá a 3 da madrugada. No primeiro caso, a Deputación reforzará o seu compromiso neste eido con material de Experiencias Sostibles, a iniciativa coa que este verán sensibilizou á poboación sobre as consecuencias do plástico no medio ambiente e a saúde e coa que repartiu máis de 100.000 elementos, entre eles bolsas de tea ou vasos biodegradables feitos con fécula de millo e pataca.

No evento, a institución provincial tamén repartirá material das campañas de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS e #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE, para previr agresións sexuais categorizadas como violacións en cita e agresións por submisión química. Os folletos das campañas teñen contidos diferenciados para mozos e mozas, e amosan con claridade os límites nas relacións entre adolescentes, facendo fincapé en que estas agresións son un delito e que a culpa nunca é da vítima.

O Barbeira SeaSon Fest ten un cartel musical conformado por Los Punsetes, La Habitación Roja, Cecilio G., Cariño, Boyanka Kostova, La Bien Querida, Zeltia Irevire, Thomas Dylan & Balea, Axolotes Mexicanos, Manu TF Dj, Paula Docampo Dj e Ale González de Los Árboles. Os concertos estarán determinados polas mareas, de xeito que os que se prevé que atraerán máis público celebraranse con marea baixa.

Por outra banda, o festival contará con outras actividades programadas alén da música como sesións de ximnasia na auga para toda a familia e obradoiros de reciclaxe. Amais, terán lugar unha serie de actividades enfocadas a promocionar o Camiño de Santiago, en concreto ao itinerario portugués pola costa, que ten en Baiona un dos seus puntos de interese. Toda a programación está enfocada a acadar un ambiente acolledor e familiar, con diversidade de actividades para todos os públicos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies