spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda de CaselasSalceda terá Mesa Local de Violencia de Xénero

Salceda terá Mesa Local de Violencia de Xénero

Salceda terá Mesa Local de Violencia de XéneroO Concello de Salceda de Caselas ven de convocar para o vindeiro 30 de maio a que será a constitución da súa Mesa Local de Coordinación interinstitucional fronte a Violencia de Xénero.

Revista COUSAS DE Nº13

A mesa estará formada por representantes dos diferentes grupos políticos da corporación (PSdeG, MS e PP), así como por representantes dos diferentes corpos de seguridade do Estado e das institucións e organismos que se considere preciso.

En novembro de 2020 Salceda converteuse no primeiro Concello da provincia en renovar o protocolo Viogen e asinalo ante a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o Coronel Xefe Simón Venzal.

Este programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero, busca a coordinación de todas as forzas e corpos do estado  para protexer aquelas mulleres que o necesitan, con anticipación e resultados efectivos.

En xaneiro de 2021 asinouse un protocolo co Ministerio do Interior, no que se recolle a necesidade de constituír a  Mesa de Coordinación que agora se fai efectiva, e que se convocará de xeito ordinario cada seis meses e de xeito extraordinario sempre que sexa preciso.

O obxectivo desas reunións de coordinación é o seguimento das situacións de violencia de xénero no municipio, distribución de tarefas entre as partes implicadas e resolución dos problemas que se poidan estar a producir relacionados ca protección ou coa asistencia e atención as vítimas.

Loli Castiñeira, Concelleira de Igualdade: A constitución desta mesa é un paso importante para a protección das posibles vítimas de violencia de xénero, e un proceso no que os diferentes grupos políticos da corporación e o resto de organismos implicados temos que ir da man coa mirada posta de xeito unánime nas vítimas, non cabe outra opción”.

Verónica Tourón Alcaldesa: As entidades locais de forma institucional teñen que establecer mecanismos de coordinación e planificación que  presten a axuda e atención debida ás mulleres vítimas de violencia, trasladando á sociedade unha imaxe de firmeza e total rexeitamento contra a violencia de xénero dende o noso concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.