spot_img
InicioBaixo MiñoO IES Antón Alonso Ríos de Tomiño gaña o Concurso de Curtas...

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño gaña o Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño gaña o Concurso de Curtas Senda Litoral de GaliciaA entrega de premios tivo lugar no marco da celebración do Festival de Cans onde, ademais de recibir o trofeo e a certificación de Premio de Innovación Educativa, proxectáronse as tres curtas finalistas do concurso

Revista COUSAS DE Nº13

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño acadou o 1ª premio do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia. A curta gañadora co título “ Conto do Miño” recolle o percorrido a través da zona litoral da desembocadura do Baixo Miño dende Tomiño ata A Guarda, reflectindo, entre outros aspectos, a paisaxe, as costumes, os trazos dialectais, a irmandade con Portugal e a herdanza dos devanceiros.

Un grupo de rapazas e rapaces van dando a coñecer lugares, lendas e tradicións do último tramo do Miño ao seu paso por Tomiño, O Rosal e A Guarda. Así, na curta poden verse a Fortaleza San Lourenzo de Goián, os muíños do Rosal ou o castro celta da Guarda e o porto, entre moitas outras paisaxes de interese e valor medioambiental e patrimonial.

O certame está organizado pola Fundación Galicia Sustentable en colaboración con Turismo de Galicia e promovido por Política Lingüística e Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional. O seu obxectivo é impulsar o coñecemento da Senda Litoral favorecendo o uso do galego e poñendo en valor os recursos naturais e patrimoniais de Galicia.

A entrega de premios tivo lugar no marco da celebración do festival audiovisual de Cans onde, ademais de recibir o trofeo e a certificación de Premio de Innovación Educativa, proxectáronse as tres curtas finalistas do concurso.

Tanto desde a dirección do centro, como dende a área de Cultura do Concello, as súas responsables fan chegar os seus parabéns ao alumnado implicado no proxecto, animándolles a seguir traballando nesta liña.

No seguinte enlace pode verse a curta gañadora na plataforma YouTube.
https://www.youtube.com/watch?v=LLrkl9iOXLE

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.