spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda, sede da segunda andaina solidaria de Cáritas Louriña

Salceda, sede da segunda andaina solidaria de Cáritas Louriña

salceda-sede-da-segunda-andaina-solidaria-de-caritas-lourinaA andaina terá lugar o 14 de setembro con explicacións históricas de Marco Rivero

Revista Cousas De Nº22

A Igrexa de Santa María de Salceda foi o escenario escollido para a presentación da II andaina solidaria de Cáritas Louriña, que se realizará o vindeiro 14 de setembro ás 9:30 coa participación dos Concellos de Salceda de Caselas, O Porriño e Mos tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado 18 de abril no Porriño. Nesta ocasión, as persoas participantes partirán dende a Igrexa de Santa María, percorrendo diferentes puntos de interese histórico como o Pazo de Pegullal, o peto de ánimas da Bugarina ou o recentemente recuperado Carreiro do Rollo, entre outros. A andaina contará ademais con explicacións históricas en cada unha destas paradas a cargo do salcedense Marco Rivero. O remate da ruta será na Praza do Concello, onde as persoas participantes poderán degustar o prato máis típico de Salceda, os tradicionais callos, para o cal se conseguiu tamén a colaboración do grupo Coren e das diferentes panaderías do municipio.

A inscrición ten un custo de 5 euros para todas as persoas maiores de 14 anos, sendo gratuíta para a cativada. Tamén se aceptan donativos a través do número de Bizum 08323 incluíndo o concepto “Andaina”. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ou solicitar máis información no número de teléfono 662 455 815 ou nas sección de Cáritas das súas respectivas parroquias.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A recadación da II Andaina “Camiñando en solidariedade” irá destinada a sufragar os gastos da actividade social de Cáritas  no Arciprestado da Louriña. Cáritas Parroquial atende na Louriña a 70 familias. Co fin de centrar nas persoas a atención, recentemente cambiou o seu tradicional modelo de axuda social de doazón de alimentos e roupa por un novo sistema de entrega de tarxetas económicas. Tal e como indican,  desta maneira dignifican o proceso de atención e responden mellor ás necesidades e particularidades dos seus usuarios/as. Ademais ofrecen nas súas parroquias de Salceda de Caselas, O Porriño e  Mos obradoiros de formación e búsqueda de emprego, atención a maiores, obradoiros de costura, e acollida e acompañamento como acción central.

salceda-sede-da-segunda-andaina-solidaria-de-caritas-lourina

- Publicidade -spot_img