A III edición do cliclo de música antiga de Oia UN CAMIÑO BEN TEMPERADO chega esta fin de semana cun programa cargado de actividades divulgativas e concertos cos que a Clásica de Vigo pretende afianzar este evento dentro do panorama musical de Galiza e Portugal.
6 concertos de grande altura en tres días (6,7 e 8 de setembro) nun entorno sen igual: O Mosteiro de Oia, de xeito que se aúnan o mellor da nosa terra: o patrimonio arquitectónico e o musical.
Ensemble Allettamento, Entrebescant, Pilar Almalé, Catro Quince, Music for a While e I colori dell’armonía serán as seis formacións musicais que deleitaràn ao público nas tardes do venres, sábado e domingo. A estas, sumarase, para a Clausura, a sección de cordas da Orquestra Clásica de Vigo.
Tamén haberá visitas guiadas á igrexa parroquial do mosteiro, un obradoiro de danzas antigas a cargo de Portingaloise e unha cata de viños do Rosal en colaboración coa Adega Pateira.
Podes consultar o programa completo, aquí:
MÁIS INFORMACIÓN DOS CONCERTOS |
Para acceder aos concertos e ás actividades é imprescindible formalizar a reserva da entrada, onde poderás realizar un donativo para contribuir, en función das túas posibilidades, á continuidade deste ciclo no futuro. Podes facelo aquí:
RESERVA AS ENTRADAS EN ENTERTICKET |
Lembrade: 6, 7 e 8 de setembro en Oia