spot_img
InicioBaixo MiñoOito establecementos participan na ruta de tapas de bacallau nas Xornadas Gastronómicas...

Oito establecementos participan na ruta de tapas de bacallau nas Xornadas Gastronómicas Sefardís

oito-establecementos-participan-na-ruta-de-tapas-de-bacallau-nas-xornadas-gastronomicas-sefardisEsta semana  comezan as Xornadas Gastronómicas Sefardís que se van celebrar os venres e sábados deste mes dentro das actividades programadas polo Concello de Tui para o “Setembro xudeu”. Estas Xornadas Gastronómicas Sefardís innovan este ano coa oferta da “Ruta de tapas de bacallau” na que participan oito establecementos de hostalaría da nosa cidade cunha oferta variada para degustar.

Revista Cousas De Nº22

Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecemento:

  • Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
  • Taperia O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
  • Cafeteria Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
  • Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
  • Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de semillas, bacallau afumado e pemento do piquillo
  • Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
  • Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de broa de milho
  • Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau

As tapas ofértanse a un prezo de 2,00 euros nos oito establecementos todos os venres e sábados do mes de setembro. O Concello ten editado un “pasaporte” que todas as persoas interesadas en degustar estas tapas poden ir selando nos diversos establecementos. Entre todas as persoas participantes entreguen o pasaporte na Oficina Municipal de Turismo até o 10 de outubro con  cando menos cinco selos sortearanse diversos agasallos.

Para a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, este proposta gastronómica amplía a oferta de actividades que organiza o Concello de Tui arredor da celebración do “Setembro xudeu” e expresa a creatividade dos establecementos de hostalaría tudenses que participan nesta “ruta de tapas de bacallau” que confía resulte exitosa e que en novas edicións conte cunha participación máis ampla.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa “Rutas do patrimonio xudeu” que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

- Publicidade -spot_img