Organizado polo Club vigués Reconquista, o Pavillón Municipal de Baiona acollerá o vindeiro sábado ás 17:30h o II Torneo Trofeo BM. Reconquista de Balonmán
No pavillón disputaranse partidos entre tres clubs cunha destacada traxectoria neste deporte como o son o propio club organizador, o CB. Reconquista de Vigo, o SD. Teucro de Pontevedra e o Club Balonmán Zamora.
O o II Torneo Trofeo BM. Reconquista de Balonmán non só é un encontro deportivo que prometen acción e competitividade na cancha, senón que tamén é unha celebración da paixón polo balonmán entre equipos e afeccionados. Trátase dun Triangular e os partidos terán unha duración de 45 minutos.
O Paseo Ribeira de Baiona acolleu esta mañá o acto de presentación que contou coa presenza de José Rial, Vicepresidente e Secretario do CB. Reconquista de Vigo, a concelleira de Deportes do Concello de Baiona, Ana María Iglesias , o concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López, o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar, o xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta, Daniel Benavides e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.