spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán consagra o outono ao mellor teatro amador de Galicia con funcións...

Nigrán consagra o outono ao mellor teatro amador de Galicia con funcións todos os fins de semana

nigran-consagra-o-outono-ao-mellor-teatro-amador-de-galicia-con-funcions-todos-os-fins-de-semanaO Concello de Nigrán adicará dous meses completos ao mellor teatro amador de Galicia con funcións todos os fins de semana de setembro e outubro ata o 2 de novembro.

Revista Cousas De Nº22

Así, unha vez despedido o verán coas actividades ao aire libre, todos os domingos do mes de setembro ás 19:00 horas terá lugar unha representación no Auditorio Municipal grazas á colaboración entre Teatro do Ar (responsable da escola municipal de teatro de Nigrán) e Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA). A continuación, todo os sábados do mes de outubro e o primeiro fin de semana de novembro ás 20:00 horas continuarase co Fegateatro (o Concello achega 3.750 € a FEGATEA pola contratación de 7 compañías neste ano 2024). En total, 9 grupos de diferentes lugares de Galicia desfilarán por Nigrán neste novo outono de teatro. En todos os casos a entrada é de balde ata completarse o aforo.

“Estamos moi contentos porque en outubro estreamos o ciclo organizado por Teatro do Ar e FEGATEA encadrado no Circuíto Galego de Teatro Afeccionado e en outubro continuamos coa nosa programación de Fegateatro, sendo este xa o cuarto convenio, o que nos permite traer a Nigrán teatro de calidade e, ao mesmo tempo, apoiar ás compañías que, precisamente, máis recursos económicos precisan para subsistir”, explica o alcalde, Juan González.

O ciclo arranca o domingo 8 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa compañía coruñesa Ateaco representando a obra ‘O home que perdeu a inmortalidade’, dirixida a un público familiar. ”Arxemiro, canso de aturar á súa muller, matina o modo de evadirse da súa vida cotiá retando, incluso, á morte, pero…”. As seguintes funcións de setembro serán ‘Vampiros’, de Escoitade Teatro (Valadares) o día 15; ‘Encaixadas’, de Teatrino (Ourense) o día 22 e ‘Os vellos non deben namorarse’, de Rebuldeira (Sarria) o día 29.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

No  mes de outubro e novembro serán as obras do Fegateatro todos os sábados ás 20:00 horas no Auditorio Municipal con ‘Entrañas negras’ de Disfunción Continua o día 5; ‘Os veciños do lado’, de Fauna 113 o día 19; ‘Apocalipse Nau’ de Atlántida de Matamá o 26; e o 2 de novembro ‘Vivir con Hungtinton’, de O Trasno. O 12 de outubro tamén haberá teatro pero está pendente de confirmación que compañía tras ter que cancelar Tiruleque Teatro a súa función por causas de forza maior.

nigran-consagra-o-outono-ao-mellor-teatro-amador-de-galicia-con-funcions-todos-os-fins-de-semana

- Publicidade -spot_img