spot_img
InicioBaixo MiñoDúas visitas temáticas centran a actividade do Setembro Xudeu en Tui na...

Dúas visitas temáticas centran a actividade do Setembro Xudeu en Tui na fin de semana

Tui celebra cun amplo programa a Xornada Europea da Cultura Xudía
Menorá na Catedral de Tui

Esta fin de semana continúan as actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía agrupadas baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui”.  

Revista Cousas De Nº22

Así este sábado, ás 22 h haberá unha visita guiada nocturna polo patrimonio xudeu tudense que incluirá, para todos os participantes, unha degustación de viño kosher. O domingo dende as 11.30 h realizarase unha nova visita temática sobre a presenza de comunidades xudías na nosa cidade que percorrerá diversos lugares significativos deste legado cultural e abranguerá tamén un momento musical que amenizará o percorrido da visita.

Ambas visitas darán comezo na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira e a asistencia é libre e gratuíta.

A concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, expresa a súa satisfacción por estas visitas temáticas que supoñen un xeito diferente de achegarse ao acervo patrimonial xudeu e criptoxudeu que atesoura a nosa cidade e que o Concello de Tui promociona xuntamente coas 21 cidades integradas na Red de Juderías de España. Engade a concelleira que o complemento ideal a estas visitas é participar, todos os venres e sábados de setembro, na ruta de tapas de bacallau das Xornadas Gastronómicas Sefardís en oito establecementos tudenses que  ofertan tapas co bacallau coma protagonista a un prezo de 2€.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa “Rutas do patrimonio xudeu” que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

- Publicidade -spot_img