Inicio Vigo e área Salceda de Caselas Salceda mantén o apoio á cultura e ao deporte a pesares do...

Salceda mantén o apoio á cultura e ao deporte a pesares do parón da actividade

Salceda mantén o apoio á cultura e ao deporte a pesares do parón da actividadeO equipo de goberno de Salceda, con a súa alcaldesa ao fronte,  veñen de anunciar a súa decisión de manter o apoio económico á cultura e ao deporte a pesares do parón de actividades que supoñen o estado de alarma e a pandemia do coronavirus.

Así, o Concello de Salceda volverá asinar este ano os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio, e manterá tamén os diferentes patrocinios que ao longo do ano se asinan con diferentes deportistas individuais de Salceda (participantes en rallyes, piragüístas, etc).

O equipo de goberno quere deste xeito dar resposta a uns compromisos económicos que axudarán a sufragar uns gastos que en moitos casos xa estaban realizados, e que o parón de actividades deixa a estas entidades e deportistas nunha difícil situación que deste xeito se ve en parte atenuada grazas ao apoio municipal.

Dende o Concello confirman que tamén están a traballar xa na oferta de ocio que poida substituír ás previsibles suspensións de actividades municipais, que a día de hoxe afectan xa á “Corre x Salceda” que debería celebrarse o vindeiro 3 de maio, ás letras galegas e a festa dos maios do 17 de maio, e incluso á probabilidade de que este ano non poida celebrarse o Verán Cultural e as Festas do Cristo no mes de xullo.

“Non imos deixar tirados aos nosos e ás nosas deportistas, nin ás diferentes asociacións e clubes. O Concello de Salceda sempre fixo unha firme aposta pola cultura e o deporte, e nestes momentos difíciles non vai ser doutro xeito. A sociedade salcedense, e nomeadamente o tecido asociativo, está a ser exemplo de solidariedade e responsabilidade, e poden estar segura que o Concello será responsable con todo ese tecido asociativo”, subliña a alcaldesa, Loli Castiñeira.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies