Inicio Vigo e área Vigo A convocatoria de formación online sobre Márketing Dixital Internacional de Zona Franca...

A convocatoria de formación online sobre Márketing Dixital Internacional de Zona Franca de Vigo supera todas as previsións

A convocatoria de formación online sobre Márketing Dixital Internacional de Zona Franca de Vigo supera todas as previsiónsO interese empresarial sobre a formación telemática de Marketing Dixital Internacional supera todas as previsións, 

Unha convocatoria de formación online sobre márketing dixital aplicable aos negocios internacionais que a Zona Franca convocou coa idea de dar cabida a un grupo de 25 empresas, tivo tanta demanda que, en menos dunha hora, desbordou todas as previsións iniciais ao inscribirse nela máis de cen empresas.

Para dar cabida á gran demanda de asistencia o Delegado da Zona Franca, David Regades, triplicou os recursos deste Webinar

Demostrado o interese e a oportunidade desta formación accesible e gratuíta, e para non deixar ter que deixar a ninguén fóra, o delegado, David Regades, considerou necesario triplicar os recursos deste webinar sobre Marketing Dixital Internacional que, a partir de hoxe, vai celebrar en tres sesións e en tres edicións ao longo das próximas semanas.

Na sesión de apertura, o Delegado trasladou ás empresas que a idea de levar a cabo esta iniciativa partiu da situación do Estado de Alarma decretado polo Covid 19 que pechou a posibilidade de levar a cabo as accións comerciais habituais como son viaxes de empresa, asistencia a feiras ou misións comerciais. Este peche deu como resultado que neste momento o Márketing Dixital converteuse na ferramenta estratéxica máis potente que as empresas teñen ao seu alcance para reactivar o seu negocio. Unha ferramenta da que xa na realización dos diferentes programas que promove Zona Franca, como son os Mércores de Internacionalización, Vía Exterior, Cultura Exterior ou Viño Exterior, detectouse que era enormemente necesaria á vez que moi descoñecida para moitos profesionais.

O obxectivo que se persegue con esta formación, que imparte José Alcaniz fundador e xerente de Esterea Comunicación Dixital, é que os asistentes coñezan como poñer en marcha estratexias de internacionalización empregando as ferramentas actuais de Marketing Dixital. Esta formación inclúe tamén titorías personalizadas para as empresas que í solicíteno e que se celebrará igualmente por medios telemáticos nunha data para convir entre o relator e a empresa.

Regades destacou que agora máis que nunca Zona Franca seguirá colaborando coas empresas na súa formación en materia de internacionalización, con novos contidos adaptados ás circunstancias actuais e escoitando ás empresas, como fixo sempre para ofrecer programas que cubran as súas necesidades máis inmediatas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies