Inicio Vigo e área Salceda de Caselas Salceda de Caselas programa para este domingo a I edición virtual da...

Salceda de Caselas programa para este domingo a I edición virtual da ‘Corre X Salceda’

Salceda de Caselas programa para este domingo a I edición virtual da 'Corre X Salceda'Este domingo, 3 de maio, debería celebrase no Concello de Salceda a VIII edición da “Corre X Salceda”, a carreira que cada ano congrega no municipio a máis de 800 deportistas de tódalas idades. Sen embargo, nesta ocasión, o confinamento manda, pero dende o Concello de Salceda non están dispostos a renunciar á súa proba deportiva máis destacada, polo que veñen de lanzar unha innovadora iniciativa, que deron en chamar “Corre X Salceda, edición virtual contra o coronavirus”. A carreira ten un fin solidario, fin que este ano se fai máis preciso que nunca nestes momentos.

Así pois, dende o Concello e dende as Escolas Deportivas, coa colaboración de diversos clubes deportivos do municipio organízase unha proba virtual deportivo-solidaria para recadar fondos para o Programa de Alimentos do Concello de Salceda  de Caselas destinados integramente a mitigar os efectos da pandemia do covid-19. O reto é que as persoas que queiran participar suban imaxes (fotos ou vídeos) ás redes sociais facendo deporte (calquera deporte), mencionando a Corre X Salceda edición virtual e usando o hastag #DeporteNacasa. O prazo para facelo vai dende o domingo 3 ata o domingo 10 de maio ás 14:00 horas.

Pero o importante da proba é tamén o seu fin solidario, para o que tódalas persoas que desexen participar deberán inscribirse en championchip.com, facendo unha aportación solidaria dun mínimo de 2 euros, coa que participarán tamén o día 10 no sorteo de diferentes agasallos: dorsais para carreiras, camisetas, etc.

Salceda pon en marcha deste xeito unha iniciativa pioneira en tempos de confinamento, co convencemento de que servirá ademais para darlle un importante pulo ao programa de alimentos municipal, que dende o inicio da pandemia case viu duplicadas as familias ás que presta atención.

Rubén González, Concelleiro de Deportes, quixo agradecer de xeito especial a implicación e colaboración dos diferentes clubes e deportistas de Salceda, que dende o primeiro momento amosaron a súa boa disposición e as súas ganas de colaborar nesta novedosa proba.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda: “Salceda sempre destacou polo seu dinamismo social, e esta proba é unha boa mostra. Animamos a salcedenses e a veciñanza doutros municipios a que se sumen e se animen a participar nesta iniciativa solidaria, moi importante nos complicados momentos que estamos a vivir”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies