Inicio Baixo Miño A Guarda A “Sociedad pro-Monte Santa Tecla” disólvese por decisión xudicial

A “Sociedad pro-Monte Santa Tecla” disólvese por decisión xudicial

A “Sociedad pro-Monte Santa Tecla” fundouse en 1912 coa finalidade de fomentar o turismo e poñer en valor o monte Santa Trega, impulsando sobre todo a súa paisaxe e o patrimonio arqueolóxico do xacemento castrexo.

Esta Sociedade foi, sen dúbida, verdadeiro motor social e cultural da Guarda durante boa parte do século XX, ata que no ano 1979 os seus socios se reúnen por última vez en Asamblea Xeral.

Con posterioridade creouse o Padroado do Monte Santa Trega, un órgano que, xunto co concello, veo a asumir os mesmos fins que tivera durante o seu funcionamento a “Sociedad pro-Monte”. Nesta situación, a histórica Sociedade perdeu a súa razón de ser e deixou de ter actividade. Os anos foron pasando e dada esta falta de actividade e as nulas posibilidades de reactivación, algúns membros da última xunta directiva consideraron que a mellor saída era a súa extinción. Entregando ao concello da Guarda os seus bens a fin de garantir que os mesmos seguisen sendo de desfrute de todos os veciños e veciñas da localidade.

O proceso de extinción da “Sociedad pro-Monte Santa Tecla” comezou no ano 2017 cando os membros vivos da última xunta directiva do ano 1979 foron convocados polo presidente en funcións, Antonio Martínez, a unha reunión extraordinaria con un único punto na orde do día: a disolución da “Sociedad pro-Monte”. Nesta reunión, que se prorrogou en dúas sesións máis, en días diferentes, non se chegou a un acordo sobre a extinción.

A intención última de parte dos membros da xunta directiva era aplicar o artigo 34 do seu regulamento que dispón que no caso de disolución, “los fondos que hubiere se destinarán a beneficencia pública local, y el Museo, Biblioteca y demás enseres se entregarán, previo inventario y en calidad de depósito, al Ayuntamiento u otra entidad de solvencia de la localidad.”

Dada a situación de bloqueo da extinción da “Sociedade pro-Monte”, a necesidade de protexer e garantir o carácter público das súas propiedades, a necesidade de mantemento dalgunhas destas propiedades con fondos municipais, e seguindo as recomendacións dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia e do propio concello da Guarda, a entidade local interpuxo unha demanda xudicial como última saída.

Nestes últimos días o xulgado número 1 de Tui, ditou sentencia en primeira instancia favorable a demanda interposta polo concello da Guarda na que declara “a disolución da “Sociedad pro-Monte” e a apertura da fase de liquidación da mesma, previa a súa extinción, recoñecendo o dereito do concello da Guarda a que se lle entreguen en calidade de depositario, os bens propiedade da citada entidade.”

Entre os bens da “Sociedad pro-Monte”, que pasarán ao concello da Guarda en depósito cando remate o proceso, están: o Parque do Cancelón, o Centro Cultural, a Casa da Cultura, o arquivo da Sociedade e os fondos do Museo Arqueolóxico.

Con este proceso reverten no concello por dereito un bens que xa o eran de feito, dado que a entidade local é quen está xestionando, dando uso e mantendo os bens inmobles da “Sociedad pro-Monte” para beneficio de todos os veciños e veciñas da vila.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies