·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaSalceda de CaselasSalceda celebrará o seu histórico Entroido de xeito virtual

Salceda celebrará o seu histórico Entroido de xeito virtual

Salceda celebrará o seu histórico Entroido de xeito virtualO Concello de Salceda de Caselas aposta por manter vivo o espírito do seu histórico Entroido celebrando diversos actos e actividades de xeito virtual.

Entre as actividades previstas estará o I Concurso de Disfraces de Entroido co que dende a Concellería de Cultura animan á veciñanza a disfrazarse nas súas casas e non perder o espírito do entroido. Para participar será necesario que as persoas interesadas envíen unha fotografía por enderezo electrónico a cultura@salcedadecaselas.gal ou por Whatsapp ao número 675232832.

Estableceranse tres categorías para os premios, individual, convivintes e votación popular, que contarán como premio un vale de compra de 100€ para consumir nos establecementos do comercio local adheridos a ACISA (Asociación de comerciantes e industriais de Salceda). O xurado estará composto por representantes dos entroidos históricos da Feira e do Barreiro e polo técnico municipal de mocidade.

A programación completarase con varias actividades virtuais, como diferentes obradoiros dirixidos á poboación infantil que se farán públicos nos vindeiros días, ademais de mostras de fotografías e vídeos dos entroidos de edicións pasadas.

Mantendo a tradición, a representante de Castro Barreiro e o representante de A Feira, non quixeron descubrir nada dos seus barrios, que de seguro agocharán algunha sorpresa. Cabe lembrar que o enfrontamento entre estes barrios remóntase cando menos ao ano 1888 en que consta a primeira proba documental, e nin sequera os anos de ditadura conseguiron parar esta festa de tal arraigo en Salceda.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Este é un ano difícil no que toca parar. Aproveitaremos o momento para avanzar no proxecto para que o noso entroido sexa declarado festa de interese turístico de Galicia. Agora o primordial é a saúde, demasiada xente se quedou polo camiño, o Entroido e as festas xa voltarán, e farano con máis forza aínda”.

               

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies