spot_img
InicioReportaxesSabes que pasa cos plásticos que usas cada día?

Sabes que pasa cos plásticos que usas cada día?

[HEMEROTECA].-Artigo publicado en novembro de 2017
Pensaches algunha vez cantos plásticos de usar e tirar empregas a diario desde que te levantas?
É moi probable que haxa plásticos (e microplásticos) nos teus produtos de hixiene e cosmética matinais, no teu almorzo, nese paquete que che enviaron, nos panos que usas, na roupa de poliéster que levas, na túa boli, na bolsa do super, dentro do peixe da túa cea!, en…….. Insustentable.
A produción global de plásticos aumentou un 50% entre 2002 e 2013 e, por suposto, tamén os residuos plásticos que xa constitúen, por exemplo, o 60-80% de todos os refugallos mariños. Para que te fagas unha idea: – Cada ano chegan ás augas costeiras de Europa 100.000 toneladas de plásticos (1) – Preto do 40% da demanda de plásticos en Europa e España destínase a envases dun só uso (2) – O 75% do lixo mariño que se recolle nas praias españolas é plástico (3) .
O consumo e a produción de plásticos dun só uso continúa aumentando e, se nada cambia, poderiamos pasar dos 8300 millóns de toneladas actuais (unhas 800.000 veces a torre Eiffel) a 34.000 millóns de toneladas en 2050 (4). Unha auténtica tolemia. Estes residuos teñen un gran impacto na vida mariña xa que provocan asfixia, enredos e bloqueos intestinais. Ademais, dada a durabilidad do plástico, durante o tempo que permanece no medio ambiente vaise rompendo en anacos máis pequenos por acción da luz solar, o vento e a ondada, ata chegar a pequenas pezas inferiores a 5mm ( microplásticos) ou mesmo microscópicas ( nanoplásticos).
Algúns axentes exfoliantes que se empregan en cosmética ou produtos de limpeza levan xa incorporados microplásticos que escapan dos filtros das depuradoras. O mesmo sucede coas microfibras que se desprenden dos lavados da roupa de tecidos sintéticos feitos con plástico, como o poliéster, que son cada vez máis maioritarios. Estes microplásticos, unha vez na auga de mar, son accesibles para animais de todo tamaño, mesmo plancto ou pequenos moluscos, incorporando así o plástico e os seus aditivos á cadea alimentaria no que Nacións Unidas denominou unha “bomba tóxica”.sabes-pasa-cos-plasticos-usas-dia
Conscientes deste problema que require accións urxentes, son moitas as organizacións que, como Greenpeace, están a traballar desde distintos ámbitos para que se tomen medidas encamiñadas a reducir, en orixe, a cantidade de plástico que se pon en circulación, e a visibilizar as alternativas para reutilizar os envases e outros produtos plásticos de usar e tirar, demandando que sexan apoiadas desde os organismos públicos.
O movemento global que pide o fin do usar e tirar e avoga pola redución e a reutilización está a crecer. É un movemento que está a liderar a sociedade civil e as pequenas empresas que están a asumir o risco de apostar por alternativas e innovacións. As administracións públicas deben dar exemplo, sumarse e promover que as alternativas de consumo que xeran menos residuos sexan unha realidade cada vez maś cotiá” declarou Elvira Jiménez, responsable da campaña de océanos de Greenpeace.
A Unión Europea ten agora a oportunidade de tomar medidas ambiciosas para reducir en orixe os residuos plásticos que contaminan os océanos dentro da nova Directiva de Residuos e a Directiva de Envases e Residuos de Envases cuxo proceso de revisión, dentro do denominado Plan de Acción de Economía Circular da UE, está a levarse a cabo nestes momentos. Os ministros de medio ambiente dos Estados membros poden achandar o camiño para eliminar os envases de plástico dun só uso e posicionar á UE como líder na loita contra a contaminación por plásticos. Algúns países xa deron pasos neste sentido, como EEUU que xa prohibiu os microplásticos en cosmética, Ruanda que prohibiu o uso, venda e importación de bolsas de plástico ou Francia, onde está prohibida a venda a particulares de enxoval de usar e tirar.
“O goberno español non pode quedar atrás e agora ten a oportunidade, dentro deste proceso europeo, de apoiar as propostas máis ambiciosas e mostrar un liderado na redución do plásticos dun só uso, apoiando, por exemplo, o obxectivo do Parlamento Europeo de reducir o lixo mariño nun 50% para 2030. É necesario entender o impacto do plástico e, por iso, nas xornadas FEIXE que celebra Greenpeace a próxima semana, analizaremos alternativas. Porque, si, por difícil que xa nos pareza, é posible vivir sen plásticos” ha concluído Jiménez.
Trátase dun evento que se celebrará simultaneamente nos cinco continentes (os días 2 e 3 de decembro en Madrid) e onde haberá, desde espazos de trueque, ata estilistas para dar nova vida á roupa, talleres, concertos, proxeccións… e todo un programa de accións para reflexionar, de forma nova, sobre o enorme impacto do consumo actual.
  1. Jambeck et al (2015). Plastic waste inputs from land into the ocean. Science, vol.347, pp 768-771
  2. Plastic Europe. Plastics – the facts 2016. An analysis of European latest plastics production, demand and waste data.
  3. Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Programa de Seguimiento de lixos  mariños. Informe de resultados 2016
  4. Geyer et al (2017). Production, use and fate of all plastic ever made. Science Advances  Vol. 3, no. 7

Fotos Greenpeace//

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.