spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Consorcio Casco Vello finaliza a rehabilitación da casa da rúa Hortas...

O Consorcio Casco Vello finaliza a rehabilitación da casa da rúa Hortas para entregar novas vivendas xa adxudicadas en concurso público a dúas familias

o-consorcio-casco-vello-finaliza-a-rehabilitacion-da-casa-da-rua-hortas-para-entregar-novas-vivendas-xa-adxudicadas-en-concurso-publico-a-duas-familiasA delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, visitou este martes a rehabilitación que o organismo autónomo rematou na confluencia das rúas Hortas e San Sebastián, en pleno barrio histórico alto da cidade. A representante autonómica informou de que as vivendas xa están listas para entregar aos novos adxudicatarias que gañaron o sorteo público celebrado o pasado mes de outubro.

O proxecto, que se licitou por un importe de 716.241,25 euros (IVE incluído), adxudicouse por 650.000 euros á empresa Castroferro. Cun prazo de execución de doce meses, a parcela ten unha superficie de 180 metros cadrados e a compra do inmoble supuxo outros 188.000 euros.

Ademais das dúas viviendas da rúa Hortas 2-4/San Sebastián 20, o consorcio tamén sacou a concurso outras dous pisos en Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2. O sorteo para a adxudicación da orde de selección das candidaturas admitidas tivo carácter público e levouse a cabo na sede administrativa da Xunta de Galicia en Vigo. O CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, puxo así a disposición dos vigueses estas catro catro vivendas no barrio histórico.

Plan de Actuación 2026/2030

A representante autonómica lembrou que o pasado mes o CCVV aprobou tanto o seu Plan de Actuación 2026-20230 como o convenio entre administracións e o Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) 2026.

O Plan de Actuación aprobado por unanimidade marca as pautas de rehabilitación que levará a cabo o organismo durante o vindeiro lustro. Así, un total de 25 inmobles son cualificados como obxectivo de actuación prioritaria e outros 20 edificios máis integran unha listaxe de actuación secundaria para dotar ao plan de flexibilidade.

Ademais, o plan contará cun investimento dun total de 15,1 millóns de euros, que será financiado mediante ingresos por venda de inmobles, transferencias de capital dos entes consorciados e ingresos correntes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.