spot_img
InicioVal MiñorNigránRoteiro micolóxico polo futuro Parque Forestal 'Os Matos-Río Táboas' de Nigrán

Roteiro micolóxico polo futuro Parque Forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ de Nigrán

Roteiro micolóxico polo futuro Parque Forestal 'Os Matos-Río Táboas' de NigránO Concello de Nigrán organiza este sábado un roteiro micolóxico polo futuro Parque Forestal ‘Os Matos-Río Táboas’.

O Concello de Nigrán organiza este sábado 24 de novembro un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito). A saída será ás 11:00 horas dende a Igrexa de Camos (onda o cemiterio) e terá unha duración aproximada de dúas horas (dependendo da climatoloxía).

A actividade, guiada por un educador ambiental, constará do citado roteiro cunha análise dos montes queimados, busca e identificación de cogumelos, consellos para a súa recollida e información sobre a súa importancia para os ecosistemas.

Os participantes deben levar calzado e roupa axeitados. Ao día seguinte o Concello de Nigrán desenvolverá un obradoiro de cultivo de cogumelos para o que xa están cubertas tódalas prazas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.