spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal acolle o primeiro Festival de Maxia do Baixo Miño

O Rosal acolle o primeiro Festival de Maxia do Baixo Miño

 porque a dedicamos un pouco a un proxecto do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que eu persoalmente, participo. Somos vos meigos ou os pallasos de hospital, que o leva unha asociación que se chama " Berce". No hall haberá unha exposición con fotografias do traballo que fan os doutores " tiritas"O Rosal acolle o primeiro Festival de Maxia do Baixo Miño, será o sábado 1 de diciembre a partir de las 10:30h en el Auditorio Municipal

Baixo o título de I Festival de Maxia do Baixo Miño, onte presentouse no Concello do Rosal. Estivero presentes os responsables de esta ‘maxica’ iniciativa, Javier Argüelles e Samuel Moreno, os cuais estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Charo Tabales.

Para a Concelleira esta é “unha aventura máxica” e explica que “cuando Samuel presentoulle o proxecto, parecioume unha boa idea e ainda que a idea era facelo en dous días, o importante é empezar e xa o próximo ano, con máis tempo, facelo máis amplo”

Pola súa banda, Samuel explicou que a xornada está dividida en dous Galas, sendo a da maña a que “hemos querido darlle un toque solidario. A chamamos a’Gala Sorrisas por Tiritas’ porque a dedicamos un pouco a un proxecto do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que eu persoalmente, participo. Somos os magos ou os pallasos de hospital, que o leva unha asociación que se chama ‘Berce’. No hall haberá unha exposición con fotografias do traballo que fan os doutores ‘tiritas'”

No ano 2017 a casualidade fai que se crucen os camiños de Javier e Samuel dúas persoas moi distintas en moitos aspectos, pero cun punto común: a maxia.

Javier  Argüelles leva toda unha vida dedicado á organización de eventos e nos últimos anos centrouse no lecer e a animación infantil, utilizando as “artes máxicas” neste campo.

Samuel Moreno é un mozo que compaxina os seus estudos co que realmente é a súa paixón: a maxia. A súa gran afección e dedicación levoulle a participar en Got Talent 2017 onde foi semifinalista e segue compartindo os seus espectáculos en festivais, e múltiples escenarios.

Pois deste encontro fortuíto foron xurdindo distintas colaboracións, cafés, comidas,… que deron pé a unha idea que aos dous roldábanos pola cabeza: organizar un Festival de Maxia na nosa zona do  baixomiño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda…
Elaboramos unha proposta que presentamos a distintos concellos e finalmente foi o departamento de Cultura do Rosal quen nos ofrece un espazo adecuado unha fin de semana para organizalo.

Trátase dun Festival con clara intención de continuidade, gustaríanos que se convertanun referente no mundo da maxia no sur de Galicia – Norte de Portugal pola repercusión tanto a nivel local do Concello como nos seus arredores.

Unha iniciativa ambiciosa que nace tamén con intención de “ internacionalidad” dada a situación fronteiriza con Portugal, pero tamén cos pés no chan sabendo que o mellor é ir aos poucos, crecendo ano a ano.

Esta primeira edición será o día 1 de decembro aínda que nos días previos, organizaranse  actuacións promocionais en centros escolares, asociacións, bares,…

 

PROGRAMA:
10:30 h. – Inauguración da Exposición (Auditorio Municipal)
“Sonrisas por Tiritas, la magia dela Solidaridad en el H. Álvaro Cunqueiro”
11:30 h. – Gala Familiar “Sonrisas por Tiritas” (Auditorio Municipal)
13:00 h. – Vermú Máxico no Restaurante Juan
— — — — — — — —
17:00 h. – Hora Máxica no Bar La Liga
19:00 h. – Hora Máxica no Restaurante Juan
21:00 h. – Gran Gala Final con Nuel Galán e amigos (Auditorio Municipal)

Entrada GALAS no Auditorio Municipal de O Rosal
❖ Adultos: 5 € / Infantil: 3 €
❖ Abono adulto 2 galas: 9 € / Abono infantil 2 galas: 5 €O Rosal acolle o primeiro Festival de Maxia do Baixo Miño

- Publicidade -spot_img