O Rosal recibe a mostra integradora “Sorrisos Transformadores”

rosal-recibe-mostra-integradora-sorrisos-transformadoresA deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, asistiu hoxe no Auditorio Municipal do Rosal, á charla impartida por Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans* ARELAS, sobre a situación do colectivo LGTBI

A conferencia, aberta ao público xeral e a que asistiron  profesorado e alumnado do CPI Manuel Suarez Marquier, está encadrada na inauguración da mostra “Sorrisos Transformadores”, un proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI posto en marcha pola Deputación de Pontevedra en colaboración con ARELAS. Esta mostra está aberta ao público ata o luns 19 de xaneiro e poderase visitar de luns a venres, en horario de 9:00 horas ás 14:00 horas.

Sorrisos Transformadores é unha exposición itinerante que vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas a persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

As súas finalidades son as de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies