III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

iii-mostra-teatro-afeccionado-do-val-minor-e-oiaA partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. 

Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.

A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A xesta vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os cabalos rosas brincan no patín.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Domingo 14 de xaneiro- 18.00h

  • Os pintores clónicos representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 20 de xaneiro- 20.30h

  • Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella de Borreiros.

Domingo 21 de xaneiro- 18.00h

  • Pataclown, representada por Pritis- Guomis de Gondomar.

Sábado 27 de xaneiro- 20.30h

  • Tecendo mentiras, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 28 de xaneiro- 18.00h

  • O espantallo, representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Please follow and like us:
Tags:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies