spot_img
InicioVigo e áreaVigoRomán Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas Artes

Román Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas Artes

Román Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas ArtesO médico, crítico e coleccionista de arte e escritor Román Pereiro Alonso ingresou este sábado na Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), nun acto celebrado no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), como Académico de Honra da institución

Revista COUSAS DE Nº18

O pleno da Real Academia Galega de Belas Artes reuniuse este sábado no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo para celebrar o acto de ingreso de Román Periro como académico de Honra.

Román Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas Artes

Ao evento acudiron ademais dos seus familiares, amigos e moitísimo público, representantes institucionais como Ana Ortiz, delegada autonómica na área de Vigo e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura. Tamén acudiron á cita Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Javier Buján, Fundación Laxeiro e o músico Afasto Amoedo, membro da sección de Música do Consello da Cultura Galega.

Román Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas Artes

 

“Encuentros en la felicidad” foi o título do discurso desenvolvido por Román Pereiro “Mancho” durante o acto de ingreso. A felicidade á que aludiu o discurso do novo académico radica, segundo explicou, na súa aproximación vital ao mundo da creación artística e ás persoas que o constrúen, aínda que, engadiu, que viña cimentada pola “sensibilidade que se vai asentando na personalidade desde os primeiros anos da vida”. Na súa disertación falou dos inicios, de como desde ben novo todo o que tiña que ver con a arte foi modulando unha personalidade paralela á medicina, “dualidade que vivín con grande apaixonamento”.

Román Pereiro, aínda que realizou un amplo repaso ao seu proceso de aproximación e finalmente captación do feito artístico, detívose especialmente en dúas épocas e en aqueles pequenos encontros de felicidade foi narrando o transcorrer da súa vida como dinamizador da arte galega desde a súa cidade natal. Lembrou os veráns felices que pasaba na aldea dos Ánxeles, no concello da Estrada, onde espertaba nun mundo afastado, de novas sensacións, afectos e múltiples encontros. Alí compartiu experiencias co seu curmán José Rafael Pereiro Miguéns que destacaba pola súa personalidade creativa e o seu asombroso dominio do debuxo, ao carón de quen desenvolveu as súas primeiras relacións coa arte e asentou a “sensibilidade”. E finalmente na súa casa de Baiona, lugar que foi o nucleo do nacemento de Atlántica.

Román Pereiro ingresa na Academia Galega de Belas Artes

O académico numerario da Sección de Arquitectura, Xosé Manuel Casabella, foi o encargado de dar resposta ao discurso de Román Pereiro. Dada a súa amizade de moitos anos con Ramón Pereiro, ‘Mancho’, Casabella explicou que este novo ingreso como académico de honra prodúcese non só pola traxectoria e vinculación co mundo do coleccionismo e da promoción da arte, senón tamén polo recoñecemento que se lle debía a Román Pereiro pola “súa frutífera e desinteresada xenerosidade” e pola súa fundamental participación na fundación e consolidación do movemento Atlántica.

Pola súa banda Manuel Quintana Martelo, como Presidente da RAGBA deu unha agarimosa benvida a Román Pereiro á Academia, na que ingresa con “sobrados e merecidos méritos”. Aseguroulle que sempre terá unha cadeira na institución para ilustrar aos compañeiros académicos con todas as súas vivencias. “Non se pode falar de Atlántica sen falar de Román Pereiro, que foi quen de activar e vertebrar o proxecto, e como mentor, impulsor e creativo intelectual estará sempre ligado a aquel colectivo que irrompe con forza na plástica galega en Baiona en 1980” —indicou—. Continuou sinalando o papel esencial de Mancho no percorrido artístico de Atlántica desde a mostra de Baiona en 1980 ata a do Pazo de Xelmírez en Santiago en 1983.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.