spot_img
InicioAlto MinhoIKFEM celebrarase do 20 ao 25 de xullo en Tui e Valença

IKFEM celebrarase do 20 ao 25 de xullo en Tui e Valença

IKFEM celebrarase do 20 ao 25 de xullo en Tui e Valença

A 11º edición concentrará músicas de España, Portugal, Brasil, Cuba e Cabo Verde e a mítica Ponte Internacional sobre o rio Miño volverá ser epicentro de música e cultura na Eurocidade.

Revista COUSAS DE Nº18

Durante 6 días os lugares máis emblemáticos de Tui e Valença do Minho converteranse nos escenarios de concertos de música, mostras creativas, encontros e reflexión sobre as artes, na undécima edición do IKFEM, nesta ocasión con renovadas ideas e propostas creativas para todos os públicos.

Esta vez o espazo artístico ábrese cara á lusofonía, coa participación de Brasil e cunha sensibilidade especial cara á lingua que une a tres culturas: a portuguesa, a galega e a brasileira.

A ponte internacional volverá ser o escenario do arranque do festival cun espectáculo que sorprenderá aos asistentes. Desde os seus inicios IKFEM identificouse a esa estrutura en forma de celosía construída en 1884 (aínda que inaugurado en 1886) que permitiu unir as históricas cidades de Tui e Valença. Unha ponte que serviu de fronteira entre dous países e que hoxe representa a unión de dous estados membros da UE nun espazo común denominado a “Eurocidade”.

Convocatoria IKFEM CREATIVA

Entre as grandes novidades desta edición está a posta en marcha de IKFEM CREATIVA, un espazo vivo onde promocionar de maneira colaborativa o talento local galego e portugués: música, gastronomía, danza, moda, pintura, literatura, teatro, entre outras disciplinas.

Os interesados en participar poden desde xa inscribirse na páxina web do festival (www.ikfem.com), a convocatoria estará aberta ata o 10 de xullo, tanto para creativos galegos como portugueses. De entre todos os rexistrados a organización realizará unha selección dos mellores creadores e seranlles asignados espazos de venda, exposición e demostración en vivo poñendo todos os medios necesarios para cada actividade. Os creadores de Tui e Valença terán prioridade na selección.

IKFEM é, ante todo, a maridaxe de xéneros musicais, de estilos, de orixes e cores, e nesta edición incorpórase un novo elemento que completa esta razón de ser pluricultural: a fusión escénica de dúas xeracións: Encontro de Geraçoes reunirá dúas xeracións e tres historias entre Galicia, Portugal e Brasil, unidas pola paixón e pola música.

Os escenarios

Son moitos os edificios e lugares de gran valor arquitectónico e cultural que adoitan acoller as distintas actuacións, en concreto 25 espazos recoñecidos a ambos os dous lados da fronteira.

Un deles é a propia Catedral de Tui, unha obra románica que iniciou a súa construción no ano 1120 pero que non foi consagrada ata 1225 e é considerada a xoia patrimonial da cidade. Do outro lado da ponte o escenario máis recoñecible é a emblemática Fortaleza de Valença, onde terán lugar varias das actuacións musicais programadas nesta undécima edición, cuxa programación completa será presentada na capital de Galicia, Santiago de Compostela, en próximos días.

Sobre IKFEM

IKFEM nace co obxectivo de ser un instrumento de cooperación e posicionar a Galicia e o norte de Portugal como capital cultural da Península Ibérica. Converte os lugares naturais e arquitectónicos máis emblemáticos en escenarios para gozar da súa riqueza patrimonial coas artes e un público interxeracional.

A 11ª edición de IKFEM conta co apoio da Eurociudad Tui-Valença, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, AECT Galicia-Norte de Portugal, Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes de España (AIE), Acción Cultural Española (AC/E), Fundación Segundo Gil Dávila, Direção Rexional de Cultura do Norte de Portugal, Instituto Camões.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.