spot_img
InicioBaixo MiñoRoi Rodríguez, dobre medallista na II Copa do Mundo de piragüismo en...

Roi Rodríguez, dobre medallista na II Copa do Mundo de piragüismo en Hungría

roi-rodriguez-dobre-medallista-na-ii-copa-do-mundo-de-piraguismo-en-hungriaA representación galega desprazada ata a cidade de Szeged (Hungría) este fin de semana para competir na II Copa de Mundo, realizou unha gran actuación conseguindo dúas medallas de prata e tres de bronce.

Despois da medalla de bronce conseguida por Roi Rodríguez na distancia de 1000 metros, o padeeiro de Tui tiña a oportunidade esta mañá de volver subir ao podio na distancia de 500 metros. O tudense non deixou escapar a ocasión e realizou unha moi boa regata, Roi mantívose nos postos de cabeza durante toda a proba e tan só foi superado polo deportista checo Josef Dostal que realizou un tempo de 1:38:020 milésimas, o padeeiro de Tui entraba en meta cun tempo de 1:38.428 milésimas, o terceiro na liña de chegada foi o ucraíno Oleh Kukharyk con 1:38.528 milésimas.

Outra das finais que espertaba gran interese era a do K4 500 masculino, a nova distancia olímpica obriga aos adestradores nacionais a seleccionar a padeeiros novos para buscar a mellor combinación gañadora. Nesta ocasión a tripulación formada polo campión olímpico Cristian Toro (Fluvial de Lugo) e Rodrigo Germade (Ría de Betanzos) xunto co zamorano Carlos Garrote e o balear Marcus Cooper chegaban á final como favoritos á loita polas medallas. O barco español non defraudou desde o inicio e pelexaron pola medalla de ouro coa embarcación de Alemaña, decidíndose a vitoria nos últimos 100 metros. O bote español marcou un gran tempo de 1:19:340 que só puido superar o equipo alemán con 1:18.748, a terceira posición foi para os integrantes do equipo de Checoslovaquia con 1:19.925 milésimas.

A última final con medallas galegas disputárona Adrián Sieiro e Sergio Vallejo en C2 500 metros. A dupla do Piragüismo Poio expuxo unha regata de menos a máis do mesmo xeito que na distancia do quilómetro, o que lles fixo chegar con moita forza ao tramo final da carreira. Nos últimos metros de Sieiro e Vallejo fíxose efectivo o seu cambio de ritmo para poder superar aos seus rivais e tan só ser superados pola embarcación Rusa de Ivan Shtyl e Viktor Melantev cun tempo de 1:39.605 milésimas, e pola C2 ucraína de Dmytro Ianchuk e Taras Mishchuk con 1:41.158. A parella galega facía un tempo de 1:41.497 .

O resto da participación galega na xornada do domingo completárona Carlos Arévalo(Ría de Betanzos) na final do K1 200 na que ocupou a quinta posición, nesta mesma final Carlos Garrote era terceiro. Arévalo xunto co seu compañeiro de club Óscar Carreira e os padeeiros Juan Oriyés e Íñigo Pena terminaron en novena posición na final B do K4 500 metros. Ademais o K4 das mozas Sara Ouzande, Alicia Heredia, Isabel Contreras e Begoña Lazkano conseguiron a medalla de bronce.

- Publicidade -spot_img